A Deputación da Coruña ve o Pazo de Meirás como un espazo para a recuperación da memoria histórica

Pide implicar a administracións e organizacións na definición dos usos de Meirás.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/11/2020 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, instou a definir os usos do Pazo de Meirás, tras a sentenza que obriga á familia Franco á súa devolución ao patrimonio público, coa partipación de administracións e organizacións.

Así o expuxo nunha comparecencia xunto ao deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, antes da reunión da Xunta Prol Devolución do Pazo, a primeira tras o fallo do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña. Do mesmo, Formoso subliñou que "dá a razón á sociedade galega e ás organizacións que levan instando as administracións públicas para que se recupere ese espazo para o público desde hai moitos anos", engadiu sobre o labor a este respecto de distintas entidades.

Tamén expuxo que o obxectivo da reunión deste venres é analizar "a que se vai a dedicar" o inmoble unha vez que reverta ao patrimonio público. Da proposta da Xunta --converter o pazo "nun faro de igualdade" sen obviar "que aí viviu un ditador", segundo o exposto polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez--, dixo que se pode "acoller".

"Pero adoece dun uso inmportante que non debe obviarse, como é a recuperación da memoria histórica", engadiu en coincidencia co exposto por Xosé Lois Penas, para quen debe explicarse "a historia auténtica" do inmoble.

INTERPRETAR A DEMOCRACIA

E é que para a Deputación da Coruña o pazo debe servir tamén "para interpretar o que é a democracia" polo que o seu presidente avogou por constituír unha mesa, con representación de institucións e organizacións, que teñan "algo que achegar" para definir os usos "a curto e medio prazo". "Non facer propostas sen orde nin coordinación", apostilou.

Pola súa banda, o deputado de Patrimonio reivindicou "o traballo" promovido pola institucion provincial e o informe que encargou e que se analizou no xuízo. "A Deputación foi pioneira na reclamación institucional", sinalou na súa comparecencia ante os medios de comunicación, nas que recoñeceu o traballo previo doutras entidades.

E tras o que cualificou como unha sentenza "exemplar", afirmou que o fallo debe servir para "marcar o camiño de recuperación de todo o espolio", citando, entre outros, as estatutas do Mestre Mateo ou a Casa Cornide.

Visita ao pazo de Meirás na xornada de inventario de bens. M. Dylan - Europa Press
Visita ao pazo de Meirás na xornada de inventario de bens. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

En resumen, Pontona quiere un palacio para sí, como el de la marquesa de Galapagar. O mejor.