Pedro Rey e José Manuel Díaz Barreiros debátense a presidencia da CEG na busca de "unidade"

A Confederación de Empresarios de Galicia celebra este martes as eleccións a presidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia busca novo presidente a través das eleccións que se celebrarán este martes. Un dos candidatos, Pedro Rey, preséntase como un empresario do mundo da formación que é "home de paz e de consenso". Da outra banda, José Manuel Díaz Barreiros afirma que é "o candidato que ten o maior apoio e consenso para ser presidente da CEG".

José Manuel Díaz Barreiros. CEO
José Manuel Díaz Barreiros. CEO

REDRO REY

"Os meus intereses son os mesmos en Vigo que na Coruña", afirma Pedro Rey. Definíndose a si mesmo como "home de paz e de consenso", Rey, nunha entrevista concedida a Europa Press, asegura que quere "coser" a patronal galega tras tempo de divisións e enfrontamentos que cristalizaron en case tres anos de interinidade, posto que ninguén quixo optar a porse á fronte nas anteriores convocatorias.

Nesta ocasión hai dúas candidaturas e Pedro Rey celébrao como "unha boa noticia". El foi o primeiro en dar un paso adiante, a proposta de CECAP Galicia (Federación Galega de Empresas de Formación), o pasado 9 de novembro. Despois, o día 17, cando expiraba o prazo, presentou tamén o aval da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

Pola súa banda, asegura contar con apoio da Coruña porque se considera "un empresario coruñés" e forma parte desa asociación, mentres que reivindica tamén a súa sintonía coas organizacións sectoriais debido ao ámbito do que procede, das empresas de formación. "Estou en todas as frontes, para o bo e para o malo", subliña.

Aínda que quere chegar a un acordo "de consenso" co seu rival, o ourensán José Manuel Díaz, móstrase confiado en poder gañar nos comicios do 24, aos que están chamados a votar máis dun centenar de membros da CEG. "Vou traballar para iso (para que haxa unha soa candidatura). Todas as provincias queren que haxa consenso e as circunstancias aconséllano. Os enfrontamentos son cousas do pasado", subliña, consciente do pouco tempo entre o peche do prazo para presentar candidaturas e a cita electoral.

Ante a crise que marca a pandemia do coronavirus, considera "absolutamente imprescindible" unha prórroga dos expedientes de regulación de emprego temporais (ERTE) máis aló do 31 de xaneiro e tamén pide máis prazo para a devolución dos préstamos ICO (medida que aprobou o Goberno esta mesma semana).

Disposto a "colaborar" co resto de axentes sociais, no marco do diálogo social, ve unha "esperanza" nos fondos europeos para a reconstrución e observa que "non é o momento" de tocar as reformas laborais, nin sequera "para perder tempo en debater" se debe dárselle marcha atrás ou cara a adiante.

O prioritario agora é "sufrir o menos posible", asevera. E, partidario da "xustiza social" e unha política do "século XXI", di que a saída desta crise "non tería por que" redundar en máis precariedade. Desta forma, fai súa consígnaa de "non deixar a ninguén atrás" por mor de "esta pandemia cruel", pero precisa que "tampouco a ningún empresario".

JOSÉ MANUEL DÍAZ BARREIROS

Do outro lado, o empresario ourensán José Manuel Díaz Barreiros asegura que "confederacións provinciais e sectoriais" comprometéronlle "maioritariamente" o seu apoio para ser o próximo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). "Considero que son o candidato que ten o maior apoio e consenso para ser presidente", así de claro maniféstase o candidato Díaz Barreiros, nunha entrevista concedida a Europa Press.

Este director da xestoría Marcelino Díaz conta co respaldo "unánime" da patronal de Ourense, así como de empresarios de "toda Galicia", aínda que prefire non desvelar os seus nomes ao recibir os seus apoios en privado. Presenta unha candidatura que "non é froito de improvisación", pois estivo en contacto con diferentes empresarios desde principios de ano para "dar o paso". 

Tras anos de inestabilidade na patronal galega, Díaz buscará axuntar ás partes enfrontadas. "A unidade da CEG conséguese principalmente preocupándonos polo interese xeral que preocupa a todo o sector empresarial galego", razoa. "Pola miña experiencia na miña presenza na CEG desde o ano 2013 no comité executivo e a xunta directiva, vexo que pecamos de certos personalismos e certos intereses particulares", expón.

O empresario vigués Pedro Rey. PEDRO REI
O empresario vigués Pedro Rey. PEDRO REI | Fonte: Europa Press

Unha das cuestións sobre as que fai fincapé é sobre a necesidade de reformar os estatutos, que "teñen 40 anos", para que sexan "actualizados e modernos" e se correspondan coa "actualidade asociativa do século XXI". "Duns novos estatutos nos que todos nos sintamos cómodos, tanto provinciais como sectoriais, nacerá un novo consenso", asegura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta