Detido un home que paseaba coas bolsas do súper recén roubadas durante o toque de queda

Por E.P. | OURENSE | 21/11/2020 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ourense detivo na madrugada do venres a un home que paseaba pola cidade durante o toque de queda con bolsas dun supermercado no que acababa de entrar a roubar. Así o determinaron os axentes tras dar o alto a este home, de 33 anos de idade, que camiñaba pola rúa Marcelo Macías ás 02,30 horas da madrugada do sábado con bolsas dun supermercado próximo.

O detido asegurou aos axentes que viña da casa dun familiar e que atopara as bolsas nun colector. Nelas, segundo o relato policial, había unha caixa de cervexas, oito quilos de bombóns e outros 70 produtos comésticos.

Os policías comprobaron que as portas do supermercado situado nas inmediacións do lugar e que coincidía coas bolsas do arrestado se atopaban forzadas, polo que procedeu á detención do home como presunto autor dun delito de roubo.

Coche da Policía Local de Tui.. CONCELLO DE TUI
Coche da Policía Local de Tui.. CONCELLO DE TUI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta