Casado asegura que Galicia fará "todo o posible para lexislar" contra a 'Lei Celaá'

O líder popular anuncia que o PP recorrerá a 'Lei Celaá' ante o TC: "É mala para a unidade nacional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2020 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, anunciou que recorrerán a reforma da lei educativa, coñecida como 'Lei Celaá', ante o Tribunal Constitucional e as institucións comunitarias que consagran a liberdade educativa.

Así mesmo, o líder do PP a nivel estatal asegurou que nas comuidades gobernadas polos populares, como é o caso de Galicia, farán "todo o posible para lexislar e evitar os estragos" que expón a LOMLOE. "Esta lei durará o que tardemos en chegar ao Goberno. Derrogaremos esta lei porque é mala para o futuro dos nosos fillos, é mala para a unidade nacional e pésima para a comunidade educativa", sinalou Casado.

Así o manifestou este domingo o presidente do PP durante a manifestación en Madrid, convocada pola Plataforma Más Plurales a favor da educación concertada e contra a 'Lei Celaá'. O líder popular deu as grazas aos pais que se manifestan "pacíficamente" e mantendo as medidas de seguridade e pediulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que "escoite ás familias", para as que pediu "liberdade".

Na súa opinión, a educación é "a panca de desenvolvemento dunha nación tan importante como España", polo que se mostrou a favor da liberdade de elección das familias, do español como lingua vehicular e defendeu a educación concertada e a educación especial.

O presidente do PP, Pablo Casado, conduce un coche acompañado da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, durante unha manifestación de vehículos en apoio á educación concertada. Eduardo Parra - Europa Press
O presidente do PP, Pablo Casado, conduce un coche acompañado da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, durante unha manifestación de vehículos en apoio á educación concertada. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

RESPOSTA DO PSOE

O PSOE respondeu ao presidente do PP, Pablo Casado, que "non se pode cuestionar" a aplicación da nova lei educativa, a LOMLOE ou tamén denominada 'Lei Celaá' "en ningunha comunidade autónoma", como pretende facer o PP, porque se trata dunha lei orgánica.

A deputada socialista e portavoz de Educación do PSOE no Congreso, Luz Martínez Seijo, reprochou a Pablo Casado a súa "deriva" e "irresponsabilidade absoluta" por anunciar que levará a Lei ao Tribunal Constitucional (TC) e por dicir que garantirá nas comunidades autónomas onde goberna (Andalucía, Murcia, Galicia, Madrid e Castela e León), que non se aplique a norma. Martínez Seijo esixiu a Casado que "cumpra co Estado de Dereito" nas comunidades onde goberna o seu partido, e que "traballe verdadeiramente pola educación neste país".

Ao seu xuízo, os argumentos que está a esgrimir o líder dos 'populares' contra a 'Lei Celaá' están a xerar "incerteza" ás familias, polo que o apelou a que volva á "moderación" e a que deixe "os posicionamentos ultras" propias da ultradereita. "Coa educación non se pode xogar", avisou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta