Finaliza a primeira fase de restauración da virxe de pedra recuperada do río Sar

A escultura mantense conservada en auga para así controlar os niveis fisicoquímicos que tiña no medio no que foi atopada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O equipo técnico da Consellería de Cultura finalizou a primeira fase de restauración da virxe de pedra recuperada o pasado mes de xuño do río Sar ao seu paso polo compostelán barrio de Conxo. Localizada por un pescador e traslada posteriormente ao Museo das Peregrinacións, a peza é unha talla de vulto redondo que representa a unha Virxe sedente co neno Xesús, rodeados por dous anxos.

As primeiras consideracións dos especialistas que examinaron a obra, realizada en granito, apuntan que podería encadrarse no estilo gótico galego, que se sitúa en torno ao século XIV. Meses despois de ser recuperado do leito do Sar, a fase de inicial de limpeza da escultura concluíu, segundo informa a Consellería de Cultura este domingo. A humidade que presenta a peza permitiu aos técnicos retirar a capa máis grosa da vexetación, así como as bacterias e algas que se concentraban principalmente na base da figura.

Os traballos ata o momento centráronse en recuperar as partes da cabeza do anxo, que conta cunhas hendiduras. Tamén en eliminar as sustancias depositadas a superficie da peza, como unha pequena pedra encaixada no manto da virxe. Unha vez constatado que, en liñas xerais, a escultura se atopa en bo estado de conservación, os expertos estudan os seguintes pasos a seguir, sempre co criterio de minimizar o risco de que poida resultar danada.

Para iso, a escultura mantense conservada en auga para así controlar os niveis fisicoquímicos que tiña no medio no que foi atopada. O próximo obxectivo é realizar unha cápsula transparente onde conservar a peza de forma aclimatada para así controlar de forma gradual os niveis fisicoquímicos.

O proceso consistirá na extracción gradual da humidade do ambiente do interior da cápsula a través dun deshumidificador programable manualmente. Todo iso cuns prazos marcados nun calendario para que o procedemento se leve a cabo da forma máis suave posible e que así non sufra a peza.

Os investigadores Ramón Yzquierdo Perrín, Juan Manuel Monterroso Montero e Carmen Manso Porto colaboran nos traballos de restauración e estudo da escultura. Unha vez finalizados os traballos, realizarase unha memoria sobre esa peza granítica que, segundo as primeiras conclusións, podería encadrarse dentro do estilo gótico galego.

TALLA SUSPENDIDA

Así, crese que pode tratarse dunha talla suspendida que, na súa orixe, estaría embutida nunha parede e, por tanto, descuberta ao aire. Os técnicos chegaron a esta conclusión pola decoración que presenta a base da escultura, onde hai unha flor de catro pétalos que ocupa a parte central xunto a follas de acanto entrelazadas.

Ademais, os investigadores tamén resalta que tanto a cara da virxe como a do neno que sostén en brazos desapareceron, probablemente por un impacto rexistrado hai tempo dado o desgaste dos bordos e as arestas da ruptura feita co fin de desacralizar a peza.

A peza da virxe en granito recuperada do río Sar durante o proceso de restauración. XUNTA
A peza da virxe en granito recuperada do río Sar durante o proceso de restauración. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta