Talentia centra este ano a súa oferta laboral na contorna dixital

Máis de 9.000 entrevistas de traballo na maior feira virtual de emprego que terá ofertas de emprego activas nas casetas virtuais das empresas, cursos de formación online e en directo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Esta semana celebrarase a nova edición de Talentia Summit, unha feira virtual de emprego que este ano conta con máis de 700 vacantes e 9.000 sesións de entrevistas de traballo dispoñibles, este ano de pandemia, centrada, sobre todo, na contorna dixital. 

Feira Talentia Summit de emprego
Feira Talentia Summit de emprego

O principal obxectivo desta feira é xerar oportunidades de conectar o talento humano coas máis de 80 organizacións presentes. Os participantes poderán presentarse ante os responsables de recrutamento de empresas ou acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas, segundo apuntan os organizadores nun comunicado. Tamén poderán asistir a conferencias, talleres ou webinars así como moitas actividades para a mellora das súas competencias profesionais.

A nova situación sanitaria provocou que os eventos se transformasen e centrado na contorna dixital. Por iso, Talentia Summit presenta unha nova edición 100% virtual con ofertas de emprego activas nas casetas virtuais das empresas, cursos de formación online e en directo, certificados oficiais, webinars e sesións de orientación laboral e mentoring. 

Durante a semana do luns 23 ao venres 27 de novembro, as empresas participantes na feira poranse en contacto para realizar unha entrevista laboral aos usuarios que o solicitaron previamente a través do portal web

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta