A Xunta di que deixará de ingresar 472 millóns por rebaixas en tres impostos

Trátase do imposto da tarifa autonómica do IRPF, imposto de sucesións e impostos 0 no ámbito rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Xunta deixará de ingresar 472 millóns por rebaixas fiscais en 2021, dato que é un 5,36% superior ao previsto nas contas en vigor, segundo destacou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

Martínez entregou este luns o proxecto dos orzamentos galegos para 2021 ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, e a continuación presentouno en rolda de prensa.

No ámbito de rebaixas fiscais (da tarifa autonómica do IRPF, imposto de sucesións e impostos 0 no ámbito rural), o Goberno galego calcula outros 115.000 beneficiarios máis o ano que vén, con eses 472 millóns que non percibirá a Administración autonómica "para que revertan en familias e fogares", posto que asegura que "o 95% son de carácter social".

Segundo resaltou o conselleiro, o seu departamento e o Executivo autonómico traballan coa hipótese de que ambas as leis, a de orzamentos e a de acompañamento (que inclúe as medidas de carácter fiscal), estean aprobadas na última semana de xaneiro.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos no Parlamento
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presenta os orzamentos no Parlamento | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta