As transferencias directas aos concellos caen un 6,4% nos orzamentos para 2021

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

As transferencias directas ás corporacións locais descenden un 6,4% nos orzamentos da Xunta para 2021, ata os 127,1 millóns de euros, nunhas contas que ascenden un 14,9%, ata os 11.664 millóns de euros.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou esta diminución pola "contención que provoca un axuste en negativo ao fondo de cooperación local", pero advertiu de que esta contía "non completa as transferencias" ás corporacións locais. Deste xeito, se ao fondo de cooperación local se suma o efecto do resto de transferencias "de distintas consellerías aos concellos", asegurou que se produce "un aumento de 4 ou 5 millóns de euros", aínda que non precisou ata que contía.

Martínez entregou este luns o proxecto das contas públicas da comunidade para o ano que vén ao presidente do Parlamento, e despois presentouno en rolda de prensa.

O conselleiro de Facenda entrega este luns os orzamentos. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Facenda entrega este luns os orzamentos. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta