Aumentan un 40% as chamadas de vítimas de violencia de xénero ao 016 na Coruña

Ata o 30 de xuño, presentáronse 1.225 denuncias, 216 menos respecto ao ano anterior

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A provincia da Coruña rexistrou, a 30 de xuño deste ano, 1.225 denuncias en materia de violencia de xénero, segundo datos facilitados pola Subdelegación do Goberno coincidindo coa reunión da comisión provincial nesta materia.

En todo o ano pasado, contabilizáronse nesta provincia un total de 2.788 denuncias das 6.551 que se rexistraron en Galicia. Dos datos ata xuño, a Subdelegación subliña que "hai que ter en conta que no primeiro semestre o número de denuncias baixou un 26,5% respecto ao seis primeiros meses do 2019, o que supuxo 216 denuncias menos".

Polo contrario, o número de chamadas ao 016 incrementouse ao redor dun 40%, como consecuencia do confinamento. En 2019 houbo un total de 1.243 e no primeiros nove meses deste ano o número é de 1.188.

O incremento atribúese a dous motivos, a que o 016 foi o instrumento principal utilizado polas mulleres durante o confinamento e á posta en funcionamento dun servizo de whatsap vinculado ao 016 e cuxos teléfonos (682916136 e 682508507) inclúen atención emocional e apoio psicolóxico ás vítimas.

CASOS ACTIVOS

Na actualidade, hai na provincia da Coruña un total de 1.703 casos activos de violencia de xénero. Ningún está considerado de risco extremo e son catro os de risco alto. Estes datos foron analizados na reunión da Comisión Provincial para a Coordinación en Materia de Violencia de Xénero, que presidiu a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, que incidiu na necesidade de fomentar a coordinación nesta materia.

Ademais, apelou aos concellos para sumarse ao sistema VioGén e ás mesas locais de coordinación. Na actualidade, son 36 as que están funcionando ou en proceso de activación e nova creación, englobando un total de 40 municipìos da provincia.

ACTOS NA UDC

Pola súa banda, a Universidade da Coruña (UDC) anunciou a posta en marcha de iniciativas con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. En concreto, a Oficina para a Igualdade de Xénero organiza o mércores, ás 12,00 horas, o acto central institucional que será retransmitido en directo por Teams.

Nel, darase lectura a un manifesto e, a continuación, presentaranse os talleres de muralismo en torno ao 25N e entregaranse os premios Ángeles Alvariño ao alumnado.

A Comisión Provincial para a Coordinación en Materia de Violencia de Xénero da provincia da Coruña aborda os datos nesta materia. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A Comisión Provincial para a Coordinación en Materia de Violencia de Xénero da provincia da Coruña aborda os datos nesta materia. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta