Fundación Francisco Franco: “As accións sobre Meirás e Cornide responden a unha persecución á familia Franco”

A Fundación Nacional Francisco Franco presidida por Juan Chicharro, valora as leis de Memoria Histórica e Memoria Democrática como unha maneira de borrar tanto o franquismo como a Transición, ademais de consideralas totalitarias por “falar só dun bando” e responder á "política sectaria do Goberno social-comunista".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/11/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O presidente da Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) Juan Chicharro, xeneral na reserva e ex-axudante do rei emérito Juan Carlos de Borbón, cualifica de “intencións meramente políticas” as accións legais que se están levando adiante sobre o pazo de Meirás e a Casa Cornide. Ditas intencións só teñen unha única finalidade segundo o presidente da FNFF, “o intento continuo de persecución da familia Franco”. Juan Chicharro, nunha resposta ao Galicia Confidencial avalía que a xustiza obedece unha vez máis a “política sectaria do Goberno social-comunista”.

Juan Chicharro Ortega, presidente Fundación Nacional Francisco Franco
Juan Chicharro Ortega, presidente Fundación Nacional Francisco Franco

Preguntado sobre se a FNFF realizará algunha acción legal para rebater as sentenzas sobre Meirás e Cornide, Juan Chicharro responde que son asuntos privativos da familia Franco e que a Fundación só se cingue aos seus estatutos. De igual maneira responden á pregunta de se cederán espazo para que os Franco deixen pertenzas súas dentro das instalacións da FNFF.

Desde a súa posición, Juan Chicharro cre que elementos como a lectura en profundidade da Lei de Memoria Histórica (LMH), da Lei de Memoria Democrática (LMD), “profanar” a tumba de Franco e o significado da súa “figura para España”, forman un conxunto de elementos destinados a borrar tanto da transición como do franquismo. A isto hai que sumarlle que o comunismo que perdeu a guerra e a paz “non perdoará nunca a Franco que os vencera coas armas e coa enorme transformación social que foi o seu mandato”.

"APOIO MEDIÁTICO"

Chicharro insiste en que a LMH e a LMD son sectarias e totalitarias porque só falan dun dos bandos da Guerra Civil, porque “nunha guerra hai caídos polos dous bandos sempre”. Preguntado sobre a análise que fai a FNFF de cara ás investigacións sobre os métodos de apropiación tanto de Meirás como de Cornide, o presidente da Fundación considera que é moi difícil rebater os argumentos dos investigadores e investigadoras, todo por culpa do “apoio mediático ao servizo do poder comunista e coa actitude relativista dunha dereita pasiva”. Finaliza apuntando que “a verdade permanece sempre e tarde ou cedo relucirá”.

Juan Chicharo ve moi necesaria a unidade entre grupos políticos que queiran defender o patrimonio do período que vai de 1936 a 1975. Non obstante, ve algo así moi difícil porque “estamos sumidos nunha voráxine relativista por unha parte e sectaria chea de odio por outra”.

En canto á tramitación da Lei de Memoria Democrática, a FNFF di que non pode facer nada durante a súa tramitación parlamentaria e o seu paso polo Tribunal Constitucional. Unicamente iniciarían accións con posterioridade aos procesos lexislativos que aproben dita lei.

A ESPAÑA DE FRANCO, "UNHA POTENCIA MUNDIAL"

Analizando a figura de Franco, Juan Chicharro considera que é unha consecuencia da Guerra Civil, “alzada co apoio de máis de media España”. O réxime franquista chegou a unha España analfabeta e chea de misera para convertela na oitaba potencia industrial do mundo, creando unha clase media “inexistente”. Á parte disto, defendeu os valores da tradición católica e a unidade de España. “Todo iso e moito máis está presente” e non poderán borralo as forzas que “derrotou durante a guerra e na paz”.

Sobre o por que nin siquera os gobernos de Felipe González (PSOE) tentaron mover a cuestión de Meirás e Cornide, Chicharro contesta que o socialismo de González “miraba cara o futuro sempre asumindo o noso pasado cos seus erros e os seus acertos”. O presidente da FNFF compara a González con histórico socialista Julián Besteiro, mentres que “Sánchez, que odia á metade dos españois que non pensan como el, é o Largo Caballero que nos levou á Guerra Civil”.

ILEGALIZACIÓN

A ilegalización da Fundación, tal como piden desde asociacións de memoria histórica ou grupos políticos, non será posible para o seu presidente. “Iso sería a vulneración de dereitos constitucionais como o de igualdade, libertade de opinión e de expresión”.

Por último, Juan Chicharro sinala que a FNFF “responde á defensa dun interese xeral dos españois”. Para iso fai un percorrido sobre a construción de vivendas sociais, a creación da Seguridade Social, instalacións  hospitalarias públicas, 500 encoros “factores todos dos que aínda goza o pobo español”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Alienao

Conversa digna dunha cita en first dates. José, ti terias unha segunda cita con este trol? Trol, terías unha segunda cita con José?

2 Casilda

Ao Chicharro fícan-lhe dous telejornais para ir para o cemiterio. Ao meu vizinho António o franquista, galego falante, também já está tocado. É coisa de esperar. Entretanto, o Pazo de Meirás já vam fóra dele...o fato de netos larpeiros do ditador. Agora María, míra-lhe os dentes o burro !!!!!!!!!!!

1 Sq5F

Lusistas e franquistas sodes moi parecidos.

1 CastelaoPaSogama

Los curas de la memoria histórica están muy creciditos con la sentencia sobre Meirás. Sin embargo, un abogado del Estado, Mario Conde, la califica de "despropósito jurídico" y realiza un interesante análisis del que deduzco que solo se mantendrá si los magistrados de la Audiencia Provincial o del Supremo actúan con miedo insuperable a que si fallan a favor de los Franco se les tache de franquistas y vean cercenada su carrera en la magistratura. https://elcorreodeespana.com/opinio...

1 José

Recíclese hombre, a quen se lle ocorre, propagar o pensamento dun delincuente recurrente como MC.., es que ha perdido usted la cabeza? mire..., un poquito de por favor, deje de escribir sin pensar.

2 CastelaoPaSogama

Pagó por sus delitos, como Alejandro Bóveda. Si se propaga el pensamiento de Bóveda, no sé qué tiene de particular enlazar un análisis jurídico de MC.

3 José

Non che digo, vostede toleou... E logo qué delitos cometeu Bóveda? Ande, retrátese se ten valor.

4 CastelaoPaSogama

Dar órdenes sobre movimiento de armas o explosivos en el Gobierno Civil de Pontevedra, coadyuvar a desatar la Revolución Española, y revolución, como recordará, equivale a destrucción de cosas y muerte de personas ¿Le parece poco delito?

5 José

Non só habería que desatar unha revolución, movilizar armamento e mesmo empuñar as armas ante a chegada dunha ditadura como a de Franco. Pero claro, vostede é dos que se sitúan do lado da Falange e dos asesinos. Podería vostede confirmalo, para que Galicia Confidencial tome nota e actúe en consecuencia?

6 CastelaoPaSogama

Franco a esas alturas no era casi nada. Los jefes eran Mola y Sanjurjo ¿Qué Falange, si fue básicamente una insurrección militar generalizada en donde la Falange jugó un papel, no ya secundario, lo siguiente? Había familias: Falange, carlistas, monárquicos, derechistas y militares. Unamuno se puso del lado de los militares como haría cualquier conciencia honrada. Yo también me pondría ¿Alguna cosita más plus?

7 Tantarantán

Hai que ser canalla para para xustificar o asasinado de Bòveda e aínda por riba dicir pouco menos que lle estivo ben por cometer non sei que delitos. Aínda pior, quen eran os que o fusilaron para condenalo polo que eles consideraban delitos? A propagación de inmundicias como esta é un claro indicio de que algo non marcha ben entre nós. Tan mal como que eu non lle lin a ninguén dicir nada tan horrible sobre as vítimas de Franco, si de Franco, en Paracuellos.

8 Tantarantán

Polo demais, a min este xoia sóame a un que exalta a cotío o franquismo en certo medio coruñés.....De troll nada, exaltador e as súas noxentas miserias non poden quedar sen resposta.