Feijóo di ter confianza en abrir "algúns territorios" se os datos continúan como "as últimas" semanas

O presidente da Xunta sinalou que é unha "esperanza" e por tanto non se pode asegurar que as aperturas se fagan como se desexa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou este luns a súa confianza en que, se a evolución das cifras da pandemia nesta e a próxima semana seguen a tendencia actual, poder levantar o peche perimetral e da hostalaría en "algúns territorios" da Comunidade.

"Se esta semana e a próxima semana as cousas van como han ido nas últimas, haberá algúns territorios, ou bastantes territorios, que hoxe están perimetralmente pechados e onde tamén está pechada a hostalaría, que poidan abrir tanto a hostalaría como o seu ámbito territorial", dixo o presidente galego, a preguntas dos xornalistas durante un acto en Cáritas Pontevedra.

Así, Feijóo destacou que, no balance global de evolución da pandemia, hai este luns menos infectados en Galicia que fai sete días, polo que o Goberno galego alberga "a esperanza de poder, da mesma forma que no Carballiño, en determinados concellos, en determinadas zonas, poder ser máis xenerosos coa apertura da hostalaría".

En todo caso, lembrou que se trata dunha "esperanza" e que "en ningún caso" pode asegurarse que isto vaia a ser así. Dito isto, animou a seguir traballando con "o maior rigor e prudencia posible", tendo presente que "a saúde é un ben prioritario para calquera administración pública", polo que calquera decisión que se adopte estará guiada "exclusivamente por datos epidemiolóxicos e datos clínicos".

A día de hoxe, segundo o presidente da Xunta, "as cousas están mellor, pero non están o suficiente ben como para poder dar ningunha confirmación" das decisións que se tomarán a "dez días vista".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta