A Xunta pretende corrixir o desequilibrio entre provincias subindo o investimento por persoa en Ourense e Lugo

Con todo, respecto ao volume de gasto, as provincias que reciben maior contía son A Coruña e Pontevedra, con 4.081 e 3.246 millóns de euros, respectivamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O maior investimento por habitante en 2021 producirase nas provincias do interior, con 4.704 euros per cápita en Lugo e 4.461 en Ourense, segundo destaca a Consellería de Facenda.

Despois destas cifras, que buscan "contribuír ao reequilibrio territorial", sitúa as correspondentes á Coruña e Pontevedra, de 3.633 euros e 3.439 euros por habitante, respectivamente.

Con todo, respecto ao volume de gasto, as provincias que reciben maior contía son A Coruña e Pontevedra, con 4.081 e 3.246 millóns de euros, respectivamente.

A continuación, Lugo percibirá 1.544 millóns e Ourense 1.369 millóns. Así se desprende do proxecto de lei de orzamentos que este luns entregou o conselleiro de Facenda ao presidente do Parlamento.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta