Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 18:31
Os centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza disporán de test de antíxenos para a detección de covid-19 nos enfermos que manifesten síntomas compatibles con esta patoloxía con 5 ou menos días de evolución.
Paulatinamente, nos próximos días, en máis de 50 puntos de atención primaria da área de Santiago iniciarase o seu uso por parte do persoal de enfermaría e baixo prescrición facultativa, implantándose a utilización rutineira na próxima semana.
Desde o pasado mes de outubro, o Centro de Saúde de Ribeira iniciou a pilotaxe para a utilización desta proba en atención primaria con resultados "moi satisfactorios", apunta a xerencia, á vez que tamén a realizaban nos servizos de urxencias do Hospital Clínico e no da Barbanza. Este luns realizáronse os primeiros test no centro de Saúde da Estrada e desde o martes sumarase o centro de saúde e consultorios do Concello de Muros.
Este tipo de test consiste nunha técnica que se realiza no mesmo punto da atención sanitaria. Cun procedemento sinxelo proporciona un diagnóstico fiable nuns 15 ou 20 minutos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.