O Sergas di que reformará a UCI do Hospital de Santiago "cando a situación o permita"

Destaca que a actual situación da pandemia está atrasando as obras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A xerencia da área sanitaria de Santiago lembrou este luns que o investimento para a reforma e dotación da UCI do Hospital Clínico de Santiago está incluída nos orzamentos para o próximo ano e que a intervención se fará en canto as condicións sanitarias derivadas da covid-19 o permitan.

Así o explicaron fontes da xerencia tras a protesta protagonizada por profesionais sanitarios do Clínico para reclamar melloras na unidade de coidados intensivos (UCI) de adultos por considerala "obsoleta".

Segundo apuntaron desde a xerencia, o importe para esta intervención está xa incluído nos orzamentos galegos, e será de 1.220.000 euros para a reforma da UCI e 240.000 euros adicionais para equipamento. Respecto de cando se realizarán estas obras, o centro reiterou que levarán a cabo o próximo ano, "en canto a situación epidemiolóxica o permita", dada a importancia de contar con camas de UCI activas nestes momentos.

Sanitaria nunha UCI, hospital, sanidade, virus, covid
Sanitaria nunha UCI, hospital, sanidade, virus, covid | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta