Socios de Galicia e Portugal colaboran para optimizar o uso de biomasa de restos de poda

O vicepresidente galego resaltou que o traballo realizado permitiu crear unha rede transfronteiriza de biomasa e mellorar a formación neste ámbito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Cinco socios galegos e catro do norte de Portugal melloraron a súa capacidade de I+D para optimizar a explotación e uso da biomasa de restos de poda forestal de matogueira, vide e kiwi. Destacouno o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, este martes no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronteirizo, denominado 'Biomasa AP'.

Esta iniciativa, segundo resaltou Conde, "demostra que as rexións que queiran ser competitivas e garantir o seu futuro deben colaborar a través da investigación e a innovación", sinala a consellería nun comunicado de prensa.

Durante o últimos tres anos traballaron no proxecto Xera e Inega, xunto con Energylab, a Universidade de Vigo e Feuga (os cinco socios galegos) e o Instituto politécnico de Viana do Castelo, Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial, Agência de Energia do Cávado e Agência Rexional de Energia e Ambiente do Alto Minho (os catro do norte de Portugal).

Cun investimento conxunto de 2,5 millóns, estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do Programa Interreg V-A España - Portugal (POCTEP) 2014-2020. Ademais, o vicepresidente galego resaltou que o traballo realizado permitiu crear unha rede transfronteiriza de biomasa e mellorar a formación neste ámbito.

Aproveitamento de biomasa.
Aproveitamento de biomasa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta