Críticas ao proxecto de lei de demografía por "natalista" e non tratar o despoboamento de maneira transversal

A lei obrigará a "promover recursos de conciliación para atender as novas necesidades de conciliación derivadas de situacións epidemiolóxicas de carácter extraordinario", tanto para atender a nenos como maiores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A lei de impulso demográfico arrincou a súa tramitación parlamentaria este martes, tras salvar as emendas de devolución presentadas pola oposición, que criticou, entre outras cuestións, que o texto é "natalista" e non aborda de forma transversal a cuestión demográfica.

Pola súa banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, usou o dereito que ten o Goberno a intervir en calquera momento para tomar a palabra e "tender a man" a BNG e PSdeG, así como proporse "convencer" a este partido para a pesar das discrepancias iniciais, conseguir a "unanimidade" da Cámara.

Este proxecto lexislativo naceu despois da estratexia de demografía de 2013 e chegou a finais da pasada lexislatura á Cámara galega, pero non foi tramitada pola convocatoria electoral. A normativa prevé 800 millóns de euros anuais, segundo a memoria económica, para alcanzar os obxectivos da normativa, que contou co asesoramento do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica e aceptou boa parte das indicacións do Consello Económico e Social (CES).

En palabras da conselleira, a Xunta quere que constitúa unha "lei de país, non de goberno" e por iso, non é "100 por cen" a normativa do seu departamento, pero si "100 por cen dialogada", polo que subliñou que a súa apelación ao acordo non responde a necesidades "aritméticas", senón a esa vontade.

"Chega para cumprir unha dobre función: blindar e consolidar todos os avances", remarcou a titular de Política Social sobre un texto "complexo e poliédrico" no que se establecen os "principios reitores", pero que despois serán "definidos" por normas de menor rango: "Sería unha intromisión moi negativa para os gobernos que nos sucedan", salientou sobre ir a unha maior concreción, como consideraron as portavoces da oposición, Olalla Rodil (BNG) e Mariña Ortega (PSdeG) que debía ser.

Fabiola García defendeu o texto que iniciou a súa tramitación asegurando que as emendas á totalidade "non teñen ningún razoamento" que as xustifique. Ademais, contrapuxo o seu compromiso co do Goberno central e a súa estratexia nacional, á que "enviarán máis alegacións" nos próximos días á marxe das que xa foron remitidas.

"NATALISTA"

Os grupos da oposición defenderon, pola súa banda, as súas emendas de devolución, baseadas en que, ademais dunha concepción "natalista", non abordan a problemática no seu conxunto e de forma "transversal". "Parece que lles dea urticaria as emendas de totalidade e esta cámara", reprochoulle a deputada do BNG Olalla Rodil, quen dixo que case era "para botar as mans á cabeza" apelar a Fraga no inicio do seu discurso, unha persoa que "se gababa de non tocar un preservativo" na súa vida. A iso respondeu a deputada popular Raquel Arias, quen subliñou que é "tan caduco" como "a frase deses principios dos 90" que dicía que Fraga "quería pór a parir coma se fosen coellas" ás galegas, como "está dito" nesta cámara.

Olalla Rodil quixo cambiar o enfoque da lei e dixo que un país envellecido é "algo do que sentirse orgullosa", no sentido de que significa que hai máis esperanza de vida. "O reto deste país (e das sociedades occidentais, precisou en varios momentos) é adaptarse a esa realidade", incidiu a parlamentaria, quen indicou que un dos maiores puntos débiles é a emigración dos mozos pola súa "dobre" vertente: a perda de poboación e que os fillos destas persoas nacen fóra de Galicia.

Rodil, que felicitou de forma "honesta e sincera" á conselleira polo diagnóstico realizado no texto lexislativo, advertiu de que "non corrixe os problemas de fondo e estruturais" e sintetizou tres ideas: "é unha lei infestada de declaracións de intención e ocorrencias, insiste en políticas natalistas fracasadas" e obvia que a demografía "ten máis que ver coa economía que coa natalidade".

Ademais, considerou que se trata dunha lei "vaga" que fala de "promover e desenvolver" pero sen compromisos, ao que a conselleira respondera previamente asegurando que se trataba de "principios" e que o detalle irá en normativas de rango menor.

PAPEL MOLLADO

Pola súa banda, a deputada socialista Marina Ortega manifestou que este texto "confirma que o Goberno non existe nin ten compromiso nin rumbo nin medidas para facer fronte" ao reto demográfico. É "papel mollado", considerou Ortega, quen lamentou que non se trata dun documento "transversal".

A deputada socialista sinalou que "hai nenos de raíces galegas que están a crecer fose" e coincidiu en que o envellecemento ten parte da súa orixe neses "episodios migratorios". O PSdeG tamén lamentou que é un texto "con exceso de indeterminaciones e falta de concreción" e "obvia" o "potencial de concellos, de cooperativas, de persoas emprendedoras...". "É unha lei baleira", lamentou.

Raquel Arias tamén quixo "tender a man" aos grupos da oposición e pediulles, así mesmo, definirse a "favor ou en contra". A parlamentaria do PP remarcou que a lei busca unha Galicia "inclusiva" e aposta por que os galegos teñan "o modelo de familia que queiran" baixo unha Galicia "sustentable, social e económica sen diferenzas para o rural".

AS EMENDAS RECOLLERÁ A SITUACIÓN COVID

A lei que agora arrinca a súa tramitación parlamentaria pasará polo trámite de emendas na que están previstas incorporacións, polo menos, a proposta do Grupo Popular, como consideracións que teñen que ver coas situacións de pandemia.

Entre outras cuestións, a lei obrigará a "promover recursos de conciliación para atender as novas necesidades de conciliación derivadas de situacións epidemiolóxicas de carácter extraordinario", tanto para atender a nenos como maiores.

Ademais, a normativa tamén lexisla sobre a asistencia sanitaria á reprodución no seu artigo 42. Este punto da lei sinala que a Administración autonómica "adoptará, de maneira progresiva, medidas tendentes a que as persoas que necesiten reprodución asistida como medio para ter descendencia, poidan dispor de asistencia sanitaria e dos medios precisos para tal fin".

Nun segundo punto, recolle que a Administración autonómica "desenvolverá campañas de información e sensibilización que fomenten as doazóns necesarias para os procesos de reprodución asistida". A través das emendas dos populares engadirase que o Sergas garantirá o tratamento de reprodución asistida a aquelas mulleres cuxos problemas de fertilidade veñan derivados dunha patoloxía".

Precisamente, a este aspecto referiuse o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na súa comparecencia posterior ao debate da lei no pleno, na cal subliñou a "decisión de contribuír" desde o departamento autonómico que dirixe "potenciando os tratamentos de fertilidade".

Pleno no que entra a trámite a lei de impulso demográfico coa intervención da conselleira Fabiola García
Pleno no que entra a trámite a lei de impulso demográfico coa intervención da conselleira Fabiola García | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 anonimo

Boeno, antes ou despois, con ou sin vivendas gratis, os emigrantes van encher Europa ( que, seica, é onde está Galicia ). E un proceso que non ten volta atrás, así que Gamela pode soñar con todo eso. Eiquí a madeira a cortan os de Rumanía ou^Portugal, os que van ao gran sol son de Cab Verde,e os que cuidan ancians son de América latina.Eso é simplemente un feito.

6 Gamela

En calquera caso este Plan de Reconstrucción debera ter siquera a posibilidade de ser debatido na comisión de Reconstrucción do Parlamento de Galicia e mellorado e ampliado para obter un CONSENSO BÁSICO dos Grupos Parlamentarios para que o Executivo e tódalas Consellerías implicadas podan traballar coordinadamente para levalo á práctica ! https://twitter.com/00Gamela/status... Calquera que considere de interese este Proxecto pode colaborar para melloralo !

1 Gamela

Polo menos en Lexisla con Nós teñen as súas Señorías a oportunidade de coñecer os aspectos básicos do Proxecto de Reconstrucción (outra cousa é que o lean) ? http://www.parlamentodegalicia.es/P... A outra virtude que podería ter a discusión deste proxecto é a mellora dos procesos democráticos, de xeito que calquera cidadán poda melloralo e criticalo (non sería mal camiño para o futuro desta Terra!)

5 anonimo

Un banco de terras non ten demasiados custes. Ben ser unha axencia intermediaria. Pero non ía haber moita xente que cedera as suas vivendas abandonadas por dez anos a cambio de que as arranxaran. ¿ Para queo ían facer se seguramente en dez anos ao millor xa non estaban eiquí? ¿ E cando pasaran os dez anos, qué ? ¿ A onde ían ir os que viveran nesas vivendas ? Todo moi infantil, moi de xogar cun mecano ou con lego. A realidade é complexa, e as solucións infantis simplemente non funcionan.

1 Gamela

Cederían as suas propiedades a cambio de non ter que mantelas durante dez anos (non pagarían IBI nin taxas) Logo da mellora das condicións esa vivenda tería outro VALOR e pasaríamos a contratos de aluguer ou compra-venta (en moitos casos os mesmos emigrantes se farían cargo deses contratos ou mercarían para ampliar a súa familia) ? Habería outros que prefirirían voltar aos seus países de orixen convertidos en promotores turísiticos de calidade (Galicia no Mundo) E mesmo habería algún que fracasaría estrepitosamente, igual que nos sucede a nós... (cantas edificacións a medias temos espalladas polo territorio?) En calquera caso non faría falla que este proxecto fose viral... bastarían 2.000 persoas para iniciar o camiño da Reconstrucción ! Ás veces as solucións veñen do Sentido Común !

4 anonimo

. ¿ E de ían vivir os emigrantes nunha aldea abandonada de Becerreá ?Dámoslle vivenda gratis aos emigrantes, poñémoislle fribra gratis... e xa está. Claro, " non está" porque os emigrantes non ían vivir do ar,nen da fibra óptica. Os fondos da UE están vinculados a proxectos concretos, e esa idea de vivenda gratis para que veñan eiqui é inviable a escala grande. Todo son cousas moi bonitiñas pero inviables. Sen ánimo de ofender, a ignorancia e moi, moi inxenua.

1 Gamela

Haberá emigrantes que veñan do rural e outros das cidades... Algúns terían coñecementos dabondo para manter rabaños de cabras e envasalas ao vacío para comercializar un produto de calidade, outros poderían abrir locais de restauración con platos propios da súa cultura, outros sería magníficos panadeiros e pasteleiros... etc. Aumentaría a actividade no rural e mellorarían os servizos para o resto da xente, mesmo tirarían do turismo de finde para coñecer os novos lugares...(?) Non pensen no que lle "damos" (prestamos) pensa no que nos poden DAR a nós: VIDA e FUTURO !

3 anonimo

! Que a Xunta reconstruia todos os pobos abandonados ( que son privados), que lles dea gratis esas vivendas a xente emigrante ( para eso tería primeiro que adquirilas), elogo que poña fibra dixital en todas partes ! Ai Gameliña, ti vives no pais da fantasía. Todo é ideal, moi bonito, e parte da base que a Xunta ten recursos ilimitados, Todo eso é irreal e non se da en ningún sitio do mundo, mesmo en lugares con moitos mais recursos que en Galicia. Canta inxenuidade, miña madriña.

1 Gamela

Canta xente cedería por 10 anos a súa propiedade a cambio de que lla arranxaran cuns mínimos criterios arquitectónicos e sostibles ? Cantos arquitectos técnicos traballarían encantandos no proxecto ? Cantas empresas de construcción se darían cun canto nos dentes se tivesen contratos de reconstrucción por Dez anos ? Se Galicia aínda non foi quen de ter un Banco de Terras non será porque sexa caro facelo, será porque ninguén quixo tomalo en serio ! O mesmo sucede con este Proxecto de Recuperación ! https://i.gal/gam25 Claro que algúns prefiren sempre ser os máis ricos do cimeterio, e ao día seguinte do enterro as casas e as leiras quedan sen uso durante anos e anos... Así sí que non facemos nadiña nunca xamáis !