A Deputación de Ourense acollerá o arquivo persoal e a biblioteca do escritor Xosé Fernández Ferreiro

Conta con máis de 6.000 volumes.

Por E.P. | Ourense | 24/11/2020 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense acollerá o arquivo persoal e a biblioteca, con máis de 6.000 volumes, do escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, natural de Espartedo (Nogueira de Ramuín), académico da Real Academia Galega falecido en 2015. A documentación formará parte dos fondos da Deputación de Ourense, arquivados na Biblioteca provincial.

Acto de cesión da biblioteca de Xosé Fernández Ferreiro
Acto de cesión da biblioteca de Xosé Fernández Ferreiro | Fonte: Deputación de Ourense.

Así o acordaron o presidente provincial, Manuel Baltar, e o escritor Francisco Xosé Fernández Naval, testamentario do autor de 'A morte dun afiador' ou 'Agosto do 36'. O acordo inclúe a reivindicación do seu legado e da súa traxectoria profesional e persoal, con diferentes iniciativas nas que xa se está traballando, como unha ruta literaria en Nogueira de Ramuín.

Durante o encontro, Manuel Baltar destacou "o compromiso con Galicia de Fernández Ferreiro", a súa "ampla obra" en galego e o seu "destacado" traballo como narrador. "Sen dúbida, un dos escritores galegos que máis e mellor traballaron este xénero literario", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta