Piden sete anos de prisión para o home acusado de abusar sexualmente da súa filla na área de Santiago

O xuízo terá lugar este mércores. O home está acusado dun delito de exhibiccionismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, celebrará o mércores, día 25, un xuízo contra un home acusado de abusar da súa filla, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Por estes feitos, o Ministerio Público solicita unha condena de sete anos e catro meses de prisión polos delitos de abusos sexuais e exhibicionismo. O xuízo celebrarase a porta pechada.

No seu escrito de cualificación dos feitos, Fiscalía sostén que o acusado, con antecedentes penais, durante o período de convivencia coa súa filla, nunha data non determinada de 2015 no domicilio familiar, do partido xudicial de Santiago de Compostela, cometeu os feitos. Posteriormente, en agosto de 2017, cando a menor se atopaba cumprindo o réxime de visitas no domicilio do seu pai, repetiuse en varias ocasións o delito de exhibicionismo que se lle imputa ao home.

Xuízo sobre a propiedade do Pazo de Meirás. Pool
Xuízo sobre a propiedade do Pazo de Meirás. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta