Galicia está "estable con tendencia descendente", melloran algunhas cidades e preocupa Pontevedra, di Sanidade

O conselleiro de Sanidade non quixo avanzar se o venres se producirán noticias positivas sobre a desescalada nalgúns municipios, pero manifestou que si estará a análise sobre a mesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A Comunidade galega presenta uns datos de incidencia do coronavirus que revelan que a situación é "estable" e cunha "certa tendencia descendente", nun contexto no que as cidades permanecen co nivel máximo de restricións que decretou nesta segunda onda a Xunta, coa hostalaría pechada.

No escenario analizado, tras a reunión do comité clínico do que informaron varios representantes da comisión de expertos xunto ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Na rolda de prensa constatouse unha melloría de Santiago, A Coruña e Ourense, así como unha evolución favorable de Lugo e Ferrol e mesmo Vigo; fronte a Pontevedra, que segue preocupando.

Precisamente, na reunión do subcomité clínico do próximo venres, analizarase a situación das cidades que mellor evolucionaron --Santiago, A Coruña e Ourense--, respecto diso do que o conselleiro dixo que "se atopan máis preto do obxectivo" que contemplan no borrador de criterios para a desescalada dos concellos.

A este respecto, Comesaña non quixo avanzar se o venres se producirán noticias positivas sobre a desescalada para estes municipios, pero manifestou que si estará a análise sobre a mesa. Por iso, volveu a apelar á "prudencia" sen descartar ningunha posibilidade.

O comité clínico deste martes levantou as medidas de especial restrición para Verín, Amoeiro e Coles, na provincia de Ourense; Monforte, na de Lugo; Boqueixón, Val do Dubra e Trazo, na Coruña; e Campo Lameiro, en Pontevedra.

Pola súa banda, perimetrou Moaña, que aínda que limita con Cangas terá un perímetro independente xa que a situación epidemiolóxica é distinta en ambos os concellos, e están en especial vixilancia Ribeira, Petín, A Rúa, Dumbría e A Lama, que seguen no mesmo nivel de restricións que xa tiñan.

Fotos Xunta / Sergas / Rolda De Prensa. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Sergas / Rolda De Prensa. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta