Falece Diego Armando Maradona, a lenda do fútbol

A causa da morte, segundo as primeiras informacións, foi un paro cardíaco durante a mañá deste mércores. Numerosos vínculos uníano con Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O lexendario astro arxentino, Diego Armando Maradona, faleceu este mércores ao sufrir un paro cardiorrespiratorio na casa de Tigre na que estaba instalado nestes últimos tempos. Así avanzou do pasamento o Diario Clarín, que lembra que o ex-xogador de 60 anos de idade fora intervido nunha clínica de Buenos Aires hai unhas semanas por un hematoma no cerebro. 

Diego Armando Maradona
Diego Armando Maradona | Fonte: arquivo

O mundo do deporte chora agora a perda dun dos seus ídolos máis queridos, que desenvolveu boa parte da súa carreira en España. Xogou no FC Barcelona nos primeiros anos da década dos 80, no Sevilla FC dende o ano 1992 ata o 1993 e tamén pasou pola Juventus.

O nome de Maradona é, sen dúbida, sinónimo de fútbol, e a nova do seu falecemento provocou numerosas mostras de condolencia por parte de figuras coñecidas e cidadáns de todo o mundo.

VÍNCULOS CON GALICIA

Ademais, tiña certos vínculos con Galicia, e é que o seu apelido, Maradona, garda posiblemente a súa orixe en Lugo, segundo ten asegurado a investigadora Concepción Fernández, que tamén indicou na súa análise que a familia do ex futbolista era desta provincia galega. Así mesmo, o nome de Maradona remite a un lugar concreto do Concello de Ribadeo, aínda que o Nomenclátor oficial non o rexistra.

O Deportivo da Coruña é outro dos fíos que unen o arxentino con Galicia, xa que numerosas veces ten aparecido coa camiseta do equipo coruñés. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta