A Xunta quéixase de que Galicia perciba menos fondos covid do Estado mentres aumentan as críticas da hostalaría

Conde lembrou que os hostaleiros deben xustificar só unha caída de ingresos do 45% para recibir axudas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, criticou que Galicia perciba menos que a media de comunidades de fondos covid repartidos para este ano. Nunha interpelación do PSdeG no pleno do Parlamento galego, Conde censurou que Galicia obteña "un 27% menos que a media de fondos covid publicados esta mesma mañá".

Galicia é a sexta comunidade autónoma que maior cantidade percibe do Fondo Covid cun total de 735 millóns de euros, dos cales, 150 millóns corresponden ao segundo tramo autorizado polo Ministerio de Facenda este mércores.

Respecto diso, Conde lamenta que cada galego conta así con 253 euros de media deste fondo, o que supón uns 100 euros menos que os do resto de comunidades de réxime xeral, e lonxe dos 421 euros por cada catalán.

AXUDAS A HOSTALARÍA

Pola súa banda, Juan Carlos Francisco Rivera (PSdeG) alertou da situación "agónica" que viven sectores como a hostalaría e o lecer en Galicia, cuns 12.800 negocios pechados actualmente ante as restricións pola pandemia. Sobre este extremo, Francisco Conde resaltou o plan de reactivación posto en marcha en Galicia coa mobilización de 3.000 millóns entre fondos públicos e privados e lembrou que os hostaleiros deben xustificar só unha caída de ingresos do 45% para recibir axudas

Tamén a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, cargou contra a caída dos investimentos en Galicia dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), as máis baixas nos últimos 15 anos.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nunha reunión por videoconferencia.. XUNTA
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, nunha reunión por videoconferencia.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta