Feijóo critica a Cataluña pero pide que as autonomías teñan "maior autonomía fiscal"

Está convencido de que ningún presidente lle pediu a Sánchez sentar con ERC para ordenar as finanzas de CC.AA.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/11/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este xoves que está convencido de que ningún presidente do PP ou do PSOE lle pediu ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, sentar con ERC para ordenar as finanzas das comunidades autónomas, despois de que este respondese á presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, afirmando que mesmo os seus homólogos do PP defenden a armonización fiscal.

Así o sostivo nunha entrevista en 'Cadena Ser', recollida por Europa Press, ao ser preguntado por esta cuestión sobre a que engadiu que, como presidente de Galicia, considera que "non hai autonomía política sen autonomía financeira" e que isto require, polo menos, "un certo grao de autonomía fiscal".

O dirixente 'popular' valorou, nesta liña, que as autonomías que teñen ordenadas as súas contas, que cumpren o déficit público, que teñen unha débeda pública contida e que achegan á caixa xeral, "o lóxico é que teñan unha maior autonomía fiscal que outras que teñen unha débeda pública excedida e que ademais hai que prestarlles diñeiro". Puxo o exemplo de Madrid, Galicia e Canarias e suxeriu que, debido a que cumpren en materia fiscal, a súa autonomía ten que ser "maior a outras que non o cumpren".

Así, matizou que non considera que sexa "malo falar das cousas que unen ás rexións", pero non cre que ningún líder autonómico, popular ou socialista, crea que ERC ten que dicirlles como temos que ordenar os nosos tributos propios ou cedidos.

O ex president da Generalitar, Artur Mas, e Alberto Núñez Feijóo
O ex president da Generalitar, Artur Mas, e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: elconfidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta