(Vídeo) "Contra a pandemia machista, vacina feminista", os berros e as imaxes do 25N

Unha cámara do GC acompañou ás centos de mulleres que reivindicaron o Día Internacional contra a Violencia Machista nunha concentración celebrada na Praza do Obradoiro de Compostela.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Baixo o lema "Contra a pandemia machista, vacina feminista", centos de mulleres, asociacións e plataformas feministas xuntáronse o pasado mércores, 25 de novembro, na Praza do Obradoiro de Compostela para denunciar a violencia que se exerce cada ano sobre elas. 

Protesta en Santiago contra a violencia de Xénero nos actos do 25N
Protesta en Santiago contra a violencia de Xénero nos actos do 25N | Fonte: Jessica Fernández

As pancartas de denuncia, axuda e apoio ás vítimas da violencia contra as mulleres foron as protagonistas dunha xornada na que se recordaron os nomes das asasinadas desde o comezo do 2020 ata o momento no Estado español, destacando as que perderon a vida a mans das súas parellas en Galicia.

A concentración, que estivo marcada pola distancia de seguridade que se esixe por mor da Covid-19, contou coa participación de mulleres recoñecidas da cultura galega como a escritora Luz Fandiño ou a cantautora Sheila Patricia, querendo recordar a todas as mulleres que "todas son importantes e valiosas" e que, fronte á violencia de xénero, non están soas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta