Galicia quere que o Goberno central reduza a precariedade dos interinos no estatuto do empregado público

A Xunta xa lle enviou unha proposta ao goberno de Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A Xunta remitiu unha proposta ao Goberno central de modificación do estatuto básico do empregado público (EBEP) para que este incorpore un cambio sobre o persoal laboral interino, de modo que se poidan reducir as taxas de temporalidade e a precariedade entre este colectivo.

"Neste momento está a celebrarse a comisión de coordinación do emprego público, o foro entre as comunidades autónomas e o Goberno central, e nesta reunión Galicia xa remitiu unha proposta", avanzou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na súa comparecencia na comisión de economía, na que presenta o proxecto de orzamentos da Xunta para 2021.

Segundo concretou o titular de Facenda, o Goberno galego solicita en concreto que, nas ofertas de emprego público, "se inclúan todas as vacantes ocupadas por persoal interino sen que resulte de aplicación ningunha taxa de reposición".

Ademais, "de maneira adicional", expón que as ofertas de emprego público "poidan incluír o 80% das prazas que se prevé que van quedar vacantes por xubilación no ano en curso e o seguinte", de modo que ese persoal que se xubile "poida ser relevado por persoal que se presenta ás oposicións". "Permitiría disipar as taxas de temporalidade", advertiu, para engadir que, de permitirse, estaríase, ao seu xuízo, no camiño de "pór fin" á precariedade no emprego público.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. CAPTURA
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Patricia Perez

El señor Feijoo aun no se ha enterado de lo que es estar en fraude de ley?? No escucha a los interinos gallegos? No se lo deja claro Europa? Stop a la precariedad, pero no a cualquier precio señor presidente!!!!