A criminalidade baixa en Galicia no terceiro trimestre de 2020 ao menor nivel dos últimos dez anos

Mantense como a cuarta comunidade con menos delitos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A criminalidade baixou en Galicia no terceiro trimestre de 2020 ao menor nivel do últimos dez anos tras alcanzarse unha taxa de 27,3 infraccións penais por cada mil habitantes, o que a mantén no cuarto lugar entre as autonomías máis seguras de España. Así o recollen os datos do informe de criminalidade elaborado polo Ministerio do Interior e que foron trasladados aos medios pola Delegación do Goberno en Galicia, cuxo titular, Javier Losada, resaltou que Galicia "segue sendo segura e boa para vivir e para traballar".

Un arrestado pola Garda Civil
Un arrestado pola Garda Civil | Fonte: Garda Civil.

A taxa de criminalidade reduciuse un 10% en comparación con setembro do ano pasado, unha cifra que hai contextualizar dentro das restricións motivadas pola pandemia que obrigou a decretar o estado de alarma entre mediados e marzo e xuño.

En total foron 53.775 infraccións penais, 6.362 menos que o ano anterior, aínda que se produciu unha repunta no número de delitos de estafa, que xa representan unha de cada cinco infraccións que se cometen en Galicia.

Deste xeito, a taxa de criminalidade de Galicia atópase 12,4 puntos por baixo da media estatal. A maior caída prodúcese en roubos e furtos e tamén nos delitos contra a liberdade sexual. Por contra, os axentes da orde detectaron 13.265 estafas, das que 1.232 foron de tipo bancario.

O descenso prodúcese en todas as provincias, especialmente na Coruña, onde a taxa baixa tres puntos ata as 28,8 infraccións por cada 1.000 habitantes. Tamén descende en Pontevedrea 2,5 puntos --28,5 casos--, Lugo en 1,5 --21,2-- e Ourense en 2,1 --24,5--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta