Falecen seis persoas máis por Covid, dúas delas vinculadas a residencias

En total son xa 1.179 os mortos pola pandemia en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este martes o falecemento de seis persoas infectadas con coronavirus en Galicia, co que a cifra total de mortes desde o inicio da pandemia na comunidade elévase a 1.176.

En concreto faleceu un home de 70 anos, no Hospital de Pontevedra, outro de 102 no de Monforte, unha muller de 88 anos, no Chus de Santiago e outro de 63 no Complexo Hospitalario da Coruña. Tamén faleceu unha muller de 90 anos no Chomplexo Hospitalario de Vigo que procedía da Residencia Ballesol de Vigo e outro home de 79 que morreu no no Cegadi (Santiago). Procedía da Residencia de San Salvador de Guntin.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 kARa

Xente de 90 anos que morre, e lle chaman pandemia? Que digan que son as enfermidades de sempre e unha boa dose de alarmismo, para controlar á poboación, e estarán máis preto da verdade.

1 Sentidiño

Reincidente, ei? Repítocho: vai ao MoMo. No período 10/03/2020 a 09/05/2020 a cifra de mortes de maiores de 74 en comparación con 2019 aumentou un 78%. https://momo.isciii.es/