O 43% das mulleres cobra menos de 1.325 euros mensuais en Galicia, fronte ao 16% dos homes

O 7,15% dos homes ten xornada parcial, fronte ao 23,81% das mulleres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/11/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O 43,22% das mulleres recibiu en 2019 un salario inferior aos 1.324,59 euros mensuais en 2019, fronte ao 16,27% dos homes, de acordo co decil de salarios do emprego principal que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) a partir de datos da enquisa de poboación activa (EPA).

Muller traballadora
Muller traballadora | Fonte: WUNDERVISUALS - Arquivo

De acordo con esta estatística, o 48,07% dos homes en Galicia gañou o pasado ano entre 1.324,59 e 2.222,56 euros, mentres o 35,65% restante percibiu máis desta última cantidade.

Entre as mulleres, a porcentaxe incluída no primeiro dos intervalos (menos de 1.324,59 euros ao mes) sobe ata ese 43,22%. Respecto diso, o IGE chama a ter en conta que en 2019 o 7,15% dos homes tiña xornada parcial, fronte ao 23,81% das mulleres.

Mentres, en 2019, case a metade (o 47,13%) dos asalariados con estudos superiores ingresou máis de 2.222,56 euros ao mes, o 21,59% das persoas con educación secundaria de segunda etapa completada ingresou máis desta cantidade.

Esta porcentaxe sitúase no 11,63% para as persoas que non completaron a segunda etapa da educación secundaria e no 5,13% para analfabetos ou con estudos primarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta