Case a metade dos locais comerciais da Coruña están baleiros, segundo un estudo

Ascega cifra no 42% a proporción de espazos sen uso e instan a buscar solucións ao declive do comercio local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Un 42% dos locais comerciais dos distritos máis céntricos da Coruña están baleiros, segundo un estudo presentado pola Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega). O informe, levado a cabo en setembro e outubro, contabiliza máis de 1.250 baixos sen uso en cinco distritos.

Ante este contexto, o secretario de Ascega e economista Pablo Ruiz pediu ás administracións que actúen para evitar que, coa crise sanitaria e económica actual, pechen aínda máis negocios na cidade. "Hai que inculcar ás xeracións futuras a compra no barrio e a cultura emprendedora", pediu na presentación do estudo.

"As persoas que ocupan os baixos son persoas que arriscan e emprenden", defendeu o economista, que reclamou, ante as actuais restricións, que "deixen traballar" aos empresarios para que "esta deriva non vaia a peor". Ruiz propuxo ás administracións públicas máis dinamización do comercio, peonalización de rúas, mellor iluminación ou axilizar a tramitación para abrir negocios para impedir que a cifra de locais baleiros non aumente.

FÓRA DO MERCADO

O maior número de baixos comerciais desocupados tena o distrito 15005, que abarca a zona desde Juan Flórez ata Catro Camiños, cun 55,44%, mentres que a máis baixa é a de Monte Alto, cun 24,9% de incidencia desta problemática. A investigadoras Laura Abalde e Lea Campos foron as encargadas de realizar o traballo, primeiro en internet, en portais inmobiliarios e a través da ferramenta Street View, e despois directamente nas rúas. "Atopámonos con que o número de baixos baleiros era maior ao que atoparamos", explicaron.

O estudo cifra nun 33,7% do total os locais que "non están no mercado", xa que non aparecen en internet nin teñen carteis de compra ou aluguer. Con respecto ao prezo, os máis caros están situados na Cidade Vella e os máis baratos en Monte Alto e, en canto á superficie, os máis grandes están no Ensanche, cunha media global de 147 metros cadrados.

Unha tenda
Unha tenda | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta