Acusan a Feijóo de ser un "independentista camuflado" tralas polémicas declaracións dunha funcionaria

"Ningunha persoa culta debería atreverse a falar en público en castelán", declarou a coordinadora da Rede de Dinamización Lingüística.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

A eterna polémica da lingua volve salpicar o executivo de Núñez Feijóo. Nunhas semanas marcadas pola tensión da Lei Celáa, o Presidente da Xunta e o seu equipo veñen de recibir toques de atención por parte da Mesa pola Normalización lingüística, pero tamén de sectores vencellados ao españolismo e a dereita que acusan a Feijóo de ser "un independentista camuflado".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este venres en Consello. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este venres en Consello. ANA VARELA

A faísca da polémica prendeu logo das declaracións dun cargo dependente da Xunta. Alicia Padín, coordinadora da Rede de Dinamización Lingüística afirmou nunha entrevista a La Voz de Galicia que "ningunha persoa culta debería atreverse a falar en público en castelán", tal e como recolleu ABC estas semanas. As reaccións contra o presidente da Xunta non se fixeron de agardar, dende a clase política aos tuiteiros rasos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Magnífico exemplo das "garantías de veracidade" que ofrecen as mal chamadas Redes Sociais ! Pasamos do Feijoo Narco ao Feijoo Independentista a golpe de tuit ! E todos tan contentos... Aquí deixo un Fake apropiado para a ocasión : https://gamela00.blogspot.com/2018/...

1 CastelaoPaSogama

Feijoo nunca sustituirá a Pablo Casado porque a imposición do galego faino moi vulnerable a nivel nacional.

1 Clari

Repetir o que fala dende unha radio de Madrid ou pensar por un mesmo? A diferenza de ti, quédome coa segunda opción. Boa finde!