Ingresa en prisión por roubar con violencia o bolso a unha muller de 77 anos

O asaltante tivo que pelexar coa vítima para arrebatarlle o bolso, chegando mesmo a romper a asa do mesmo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Un coñecido delincuente de Ferrol ingresou este venres, 27 de novembro, na prisión provincial de Teixeiro, en Curtis, por orde do xulgado, tras perpetrar horas antes o roubo con violencia do bolso a unha muller de 77 anos.

En concreto, foi na tarde deste xoves, día 26, sobre as 18,40 horas, cando o home abordou a unha muller, de 77 anos, que transitaba por unha rúa de Ferrol. A vítima foi acometida sorpresivamente por detrás e acantoada contra un muro.

O asaltante tivo que pelexar coa vítima para arrebatarlle o bolso, chegando mesmo a romper a asa do mesmo. Unha vez logrado o seu obxectivo, saíu correndo, desprendéndose dunha peza que vestía para evitar a súa posible identificación.

UNHA TESTEMUÑA, CLAVE

Afortunadamente, unha testemuña presenciou o ocorrido e auxiliou á muller, chamando tamén ao teléfono 091, que inmediatamente comisionou a varios axentes policiais ao lugar co fin de detectar ao autor dos feitos.

O home foi localizado momentos despois polo Grupo de Patrimonio da Policía Xudicial pertencente á Comisaria da Policía Nacional de Ferrol-Narón e trasladado a comisaría, onde permaneceu ata que foi posto a disposición xudicial.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta