Os medos de non sair nos medios

Tanto o presidente da Xunta coma o vicepresidente están moi preocupados pola pouca incidencia que están tendo nos medios de comunicación privados, especialmente os escritos. A situación non é nova pero comeza a ser preocupante case seis meses despois da súa entrada na Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/01/2006 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Tamén dixo que o Goberno galego está preparando os convenios de colaboración cos medios de comunicación, é dicir, os convenios de publicidade institucional. Unha información que alguén tomou como aviso a navegantes.

Na mesma situación atópase o vicepresidente da Xunta. Anxo Quintana está vetado en El Correo Gallego despois dun enfrontamento entre o secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada e o director deste medio, José Manuel Rey Nóvoa. A situación é tal que Rey deu a órde tácita de censurar absolutamente os nomes de Quintana e Losada das páxinas do xornal.

Unha situación semellante repitese con La Voz de Galicia, onde segundo membros da Xunta, hai unha intencionalidade por parte do deu director de minimizar a información de socialistas e nacionalistas. Tampouco están mellor as cousas con determinadas cadenas de radio, especialmente a Cope.

Tanto o PSOE como o Bloque preparan plans de choque independentes para facer fronte a esta situación. Unhas medidas que vinculan, directamente, á concesión da publicidade institucional e á concesión das licencias de radio e televisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

14 Lugués

Debería preocuparme. É obvio que desde o PP poden dar leccións sobre presión (o de "ameaza" sobarda un pouco o vaso) e discurso único con nata ("totalitario" é adxectivo que non lles queda ben) canto ao asunto RELACIÓN DO PODER POLÍTICO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Daquela, que a un desde tan alta escola o caractericen así de terminantemente daría lugar, en condicións normais, a exame de conciencia serio e pormenorizado.

Lástima que aínda estea fresco o elenco de comentaristas/tertulianos que mantiña a Radio Galega na gloriosa etapa fraguiana, nunca desmentido nin moi matizado na súa parcialidade; e sexa patente o elenco da nova RG, onde entra boa parte da sociedade civil, incluíndo algún daqueles próceres. Lástima que moitos poidan lembrar a ausencia (nos medios públicos de Galicia) dalgún persoeiro no que se daba a rara circunstancia de reunir prestixio intelectual considerable e votación electoral avultada (Xosé Manuel Beiras, quizais?); lástima que a algún aínda lle veña a memoria o episodio (xa afastado no tempo) dun programa radiofónico de Julia Otero no que tiveron que prescindir de tal colaborador por razóns "nunca confesadas". Lástima.

Polo demais, a a presunción allea é privilexio alleo. Espero, con todo, non ser tan impertinente coma outros recomendando administrar a brillantez. Non vaia ser que acaben dicindo dun o que Góngora de Lope: "Potro es gallardo, pero va sin freno".

Desculpen a estensión e o barroquismo, debo andar de humor raro.

13 Alexandre

Para mítico o do único periodista condeado no estado espanhol por manipulaçóm informativa; um tal Urdaci.

12 Jubal

Uy, cuántas vueltas les das a tus comentarios para decir lo que dices y cómo lo dices.

Tu comentario suena igual de totalitario y amenazante que muchos de los precedentes. Me da que tú eres un defensor del CAC catalán y del cierre de la Cope ¿me equivoco? Por cierto, mítico lo de TV3 (ver libertaddigital de hoy). Eso sí que es quedar "moralmente en entredito".

11 Lugués

Non quero avalar ningún tipo de práctica fraudulenta nin abuso de poder. Pero tampouco non son tan críptico.

Se os medios teñen a súa política (a ver quen o nega), se tal política inclúe fustrigar por sistema un goberno (sería a primeira vez?), este pode lexitimamente defenderse. E hai unha cuestión previa: se un medio de comunicación se instala ou actúa con base na parcialidade, pode quedar moralmente en entredito o seu dereito a recibir subvención de cartos públicos. Bote cadaquén as súas contas.

A dereita e os medios, ou sexa, "os de sempre", non deberían pensar que é deles o dereito e capacidade de manobra. Un pode considerar que na esquerda (e en particular, no caso que nos ocupa, o nacionalismo) son burros ou burriños de carga que fan o que lles din e lévano a onde lles indiquen. Pero ata o burro pode mandar couces. E adoita ser máis listo do que se espera.

Non digo máis, que despois sábese todo.

10 Lugués

O certo é que non quero avalar ningunha práctica fraudulenta nin excesos políticos. Pero tampouco non son tan críptico.

Se os medios teñen a súa política (parece ilóxico negar que a teñen), se tal política inclúe fustrigar un goberno (non sería, probablemente, o primeiro caso), o goberno pode lexitimamente defenderse. E, sobre todo, pode e debe gobernar con xeito. Se un medio de comunicación se excede e amosa parcialidade manifesta (sexa mediante aberta hostilidade ou por outro medio), o seu dereito a recibir subvención de cartos públicos queda moralmente en entredito. Bote cadaquén as súas contas.

Por outra banda: non se debe pensar que só poden manobrar a dereita e os medios, ou sexa, os de sempre. Calquera pode considerar que na esquerda (e en particular, no caso que nos ocupa, o nacionalismo) son burros ou burriños que cargan co que sexa e lévano a onde lles mandan. Pero o burro pode mandar couces. E adoita ser máis listo do que supoñen.

Non digo máis, que despois sábese todo.