Os medos de non sair nos medios

Tanto o presidente da Xunta coma o vicepresidente están moi preocupados pola pouca incidencia que están tendo nos medios de comunicación privados, especialmente os escritos. A situación non é nova pero comeza a ser preocupante case seis meses despois da súa entrada na Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/01/2006 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Tamén dixo que o Goberno galego está preparando os convenios de colaboración cos medios de comunicación, é dicir, os convenios de publicidade institucional. Unha información que alguén tomou como aviso a navegantes.

Na mesma situación atópase o vicepresidente da Xunta. Anxo Quintana está vetado en El Correo Gallego despois dun enfrontamento entre o secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada e o director deste medio, José Manuel Rey Nóvoa. A situación é tal que Rey deu a órde tácita de censurar absolutamente os nomes de Quintana e Losada das páxinas do xornal.

Unha situación semellante repitese con La Voz de Galicia, onde segundo membros da Xunta, hai unha intencionalidade por parte do deu director de minimizar a información de socialistas e nacionalistas. Tampouco están mellor as cousas con determinadas cadenas de radio, especialmente a Cope.

Tanto o PSOE como o Bloque preparan plans de choque independentes para facer fronte a esta situación. Unhas medidas que vinculan, directamente, á concesión da publicidade institucional e á concesión das licencias de radio e televisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

9 Anónimo

Pero que che pasa, Lugués?

Por que es tan criptico?

8 Lugués

Pao cando non aras. Pao cando aras. O pao sempre cae nas mesmas costas.

Pois non, que lle queren. Sobre todo cando o burro pode dar couces. As regras do xogo, ou valen para todos ou non valen para ningún.

E non farei aclaracións máis ca na presenza do meu avogado.

7 yeye

hei Jubal,

que non falamos de algo que xa pasou, falamos de algo que ten sido mal feito durante máis de 16 anos, xa durante o tripartito, apuntaban algúns. Pero é cousa seria e hai que correxila, non falamos dunha sobredimensión empresarial somentes senon de bastantes medios en maus privadas que teñen sido parciais na elaboración dos contidos, contidos que inflúen na xente, na mentalidade dos votantes, na percepción das cousas, dos problemas; é grave abondo como para querer muda-las cousas. Que cambien eso e se a oposición ten algo que decir ahí teñen o Parlamento.
Socilistas e nacionalistas supoño que se dan conta de que toca exercer como governo. As bases tamén deberían. O común dos cidadáns cando pasen os tres anos que restan valorará o que teña percibido como "acción de governo".


¿E eso do Faro? ¿retranca? ¿malquerencia?
mosquis.

6 Jubal

No estoy de acuerdo con que los medios marginen al bipartito. Al contrario, tienden a estar de lado del poder. Lo que sucede es que el gobierno nacionalista-socialista pretende crear una situación como la de Cataluña, donde los medios sean una prolongación del DOG y una herramiento de confrontación con Madrid, y ahí todavía no hemos llegado.

Estoy de acuerdo con yeye en que los precedentes no son positivos porque las subvenciones a la prense deberían suprimirse, pero la cosa va a peor porque esta noticia tufa a totalitarismo que tira para atrás. Es alucinante que se puedan decir cosas como las que se dicen más arriba, un gobierno amenazando en voz alta a los medios con que, o pasan por el aro, o se van a enterar. Creo que en Venezuela disimulan más.

5 yeye

josé, ¿quén amordaza os mnedios? Dende logo o Quin e o Tou non, o se os están a maordazar estano a facer moi pero que moi mal.
¿non será o pasado disfrazado de subvención pepera? ¿non será que o que hoxe son os medios, sobre todo escritos, llo deben ó intervencionismo do PP? ¿Hai maior mordaza que deberlle a existencia a alguén?