Realidade virtual e tecnoloxía 360 para facer fronte á Covid e vender no estranxeiro

A Confederación de Empresarios de Ourense e a deputación presentan novas ferramentas en ExportOu coa que pretenden internacionalizar as empresas de viño da provincia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/11/2020 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

"É unha gran plataforma para axudar ás empesas no camiño da internacionalización, unha camiño que é unha importante fonte para superar estes tempos de crise". Así definiu Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO)  as novas ferramentas tecnolóxicas enmarcadas no programa ExportOu que teñen como obxectivo impulsar a comercialización do viño da provincia nos mercados internacionais.

Realidade virtual
Realidade virtual | Fonte: XUNTA

Trátase dun vídeo 360º que recolle a "tradición milenaria" da cultura do viño en Ourense e que percorre os viñedos e o traballo en dúas denominacións de orixe vitivinícolas da provincia, O Ribeiro e Valdeorras. Tamén se pode acceder a unha visita virtual denominada "ExportOu 360º" que funcionará como directorio virtual de empresas participantes. 

As protagonistas son empresas do sector agroalimentario, as súas instalacións e o territorio no que producen e levan a cabo o seu labor. "Estas ferramentas perseguen reforzar o coñecemento da terra e as empresas ourensás de face a próximas misións comerciais para dalas a coñecer dunha maneira moi directa a pesar da distancia, grazas á tecnoloxía de realidade virtual", apuntou Marisol Nóvoa.

No acto de presentación tamén participou José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, que destacou que estas ferramentas "servirán como escaparate dos produtos de Ourense". "Temos que espandir a idea da marca Ourense por todo o mundo", dixo.

EXPORTOU

ExportOu naceu en 2017 como unha plataforma repleta de recursos e ferramentas para apoiar e fomentar un fin único que ambas as entidades consideran fundamental e prioritario: a internacionalización das empresas ourensás.  Pon a disposición das empresas ourensás con vocación exportadora un completo programa de servizos de apoio e actividades dirixidos a impulsar a súa presenza internacional e a mellora da súa competitividade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta