Así será a reapertura progresiva da hostalaría: horarios ata as 17.00 horas e só con convivintes

Haberá catro fases que regularán o aumento de aforamentos, horarios e grupos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2020 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A Xunta presentou este luns ao sector hostaleiro galego un plan de desescalada que propón unha reapertura progresiva dos establecementos en catro niveles --vinculados á situación epidemiolóxica de cada territorio nun momento dado-- e que implica aumento de aforamentos, horarios e grupos.

Así o anunciou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha intervención posterior á reunión que mantivo con representantes do sector e cos conselleiros de Emprego, María Jesús Lorenzana, e Sanidade, Julio García Comesaña.

Neste encontro, a Xunta presentou o seu plan de desescalada para a hostalaría, un documento que vinculará a situación epidemiolóxica de cada territorio cos aforamentos, horarios e grupos permitidos nos establecementos. Os límites de cada unha das catro fases, con todo, fixaraos o comité clínico, que este martes analizará o texto.

De forma global, proponse unha fase un, como a que viven agora os territorios con peche perimetral, sen actividade na hostalaría. A partir de aí, naquelas áreas que melloren, os establecementos poderán abrir inicialmente ata as 17,00 horas, cun aforamento restrinxido ao 30% en interiores e 50% en terrazas e, en principio, só para convivintes --nivel dous--.

A continuación, en canto os parámetros de cada área vaian mellorando, os aforamentos incrementaranse ao 50% en interiores e 75% en terrazas --nivel tres-- e ao 100% -nivel catro--, mentres que os horarios crecerán ata as 23,00 horas e os grupos estarán limitados a seis persoas non convivientes.

Un establecemento serve cafés para levar o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no municipio de Vilalba, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un establecemento serve cafés para levar o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no municipio de Vilalba, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta