Morren seis persoas pola Covid, unha delas dunha residencia

Tamén morreu un home de 56 anos en Vigo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2020 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Galicia alcanzou xa os 1.211 falecementos desde o inicio da pandemia por covid-19, despois de que nesta xornada a Consellería de Sanidade notificase seis mortes máis por mor desta enfermidade. 

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián | Fonte: EP

Dúas persoas morreron na Coruña e outras dúas en Vigo. Así, no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) faleceu un home de de 79 anos e outro de 86 anos no hospital  HM-Modelo-Belén da mesma cidade. En Vigo, tamén morreron un home de 56 anos e outra muller de 96 no Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI). Finalmente,  outro home de 87 anos faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).

 

Tamén tivo lugar a morte doutro home de 92 anos no Hospital da Mariña. Procedía da residencia San Cibrao de Cervo. O Sergas tamén confirma que a muller de 92 anos que faleceu no Hospital da Mariña e da que deron conta o sábado, procedía da Residencia San Cibrao de Cervo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta