Por E.P. | | 01/12/2020 | Actualizada ás 10:33
Os equipos de salvamento activaron un dispositivo para a evacuación urxente dun tripulante que se atopaba indisposto a bordo dunha embarcación, de nome 'Ornak', a unhas 27 millas ao nornoroeste do Cabo Ortegal.
Segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, recibiuse a alerta sobre as 8,35 horas da mañá deste martes cunha petición de evacuación do mariñeiro que precisaba atención médica.
Seguidamente, sobre as 9,00 horas, mobilizouse o helicóptero 'Pesca II' de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta, nun operativo coordinado pola central de Salvamento Marítimo de Fisterra.
Esta mesma aeronave foi a encargada de trasladar ao home, que presentaba "síntomas dunha enfermidade importante", segundo indica o 112 Galicia, ao Hospital da Costa, en Burela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.