Os encoros galegos están ao 51% da súa capacidade logo de perder 112 hectómetros cúbicos de auga

Os encoros da área Miño Sil perderon 89 hectómetros cúbicos de auga con respecto a hai unha semana, os de Galicia Costa están ao 59,2% da súa capacidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse esta semana ao 51,2 por cento da súa capacidade total despois de perder outros 112 hectómetros cúbicos de auga no últimos sete días, segundo reflicte o boletín do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En concreto, os encoros da conca Miño Sil perderon 89 hectómetros cúbicos de auga con respecto a hai unha semana e sitúanse nos 1.496, o 49,4% da súa capacidade total.

Pola súa banda, os adscritos á conca Galicia Costa están ao 59,2% da súa capacidade, cun total de 405 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 23 menos que fai sete días.

Embalse de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Embalse de Chandrexa de Queixa (Ourense)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta