(Vídeo) O sketch que amosa como loitan as avoas galegas contra o cambio climático

O colectivo teatral ‘As fillas bravas’ vén de prestar o seu apoio ao proxecto Descarboniza cunha pequena representación dispoñible na rede.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Malia que aínda é cedo de máis para tirar conclusións, xa hai voces que apuntan á pandemia como un fito no relativo á concienciación social das masas. Cando menos, así se desprende da última publicación do proxecto Descarboniza! Que non é un pouco, unha iniciativa impulsada, entre outras plataformas, pola USC, que pretende dar azos á loita comunitaria contra o problema climático.

Fotograma do vídeo das Fillas Bravas para Descarboniza!
Fotograma do vídeo das Fillas Bravas para Descarboniza! | Fonte: Descarboniza!

A idea de Descarboniza! non é outra que poñer en valor o poder dos pequenos xestos nas comunidades locais á hora de loitar contra os grandes problemas do século. O obxectivo pasa, pois, por impulsar o cambio cara a unha sociedade “de baixas emisións” pero tomando como motor a iniciativa popular no canto da gubernamental, é dicir, baseándose nas ideas e reflexións de veciñas e veciños.

Así é que, a nivel práctico, Descarboniza! Artéllase arredor dunha “secuencia de sesións de traballo” nas que procede a “analizar a reflexionar” de xeito colectivo as causas e consecuencias do cambio climático, así como todas as accións que se poidan poñer en marcha para reducir estes efectos prexudiciais. A plataforma conta, dende hai uns días, cunha actuación do colectivo teatral ‘As fillas bravas’ para promocionar a iniciativa entre as comunidades galegas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta