A oposición esixe a Feijóo "blindar Galicia" de cara á ponte da Constitución

Ademais, o BNG ve "precipitado" o inicio da desescalada: "Non se deberían repetir os erros do pasado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou "precipitada" a desescalada anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que entraría en vigor coincidindo coa ponte da Constitución, datas para as que reclama o peche perimetral de Galicia.

En declaracións aos medios este mércores tras coñecerse as medidas anunciadas por Feijóo, Pontón sostén que os datos non permiten baixar a garda senón que convidan a extremar a prudencia para non malograr o esforzo feito en tres semanas de confinamento.

"A valoración do BNG é que nos parece precipitado iniciar unha desescalada nun momento en que os datos, aínda que mellores, o que nos están indicando é que debemos ser prudentes, que debemos extremar as precaucións para non tirar pola borda o esforzo que está a realizar a poboación e moitos sectores económicos ao longo de tres semanas de confinamento", indicou.

Pontón censura que agora pareza que o obxectivo do Goberno "non é só salvar a campaña de Nadal, senón tamén salvar a ponte deste fin de semana". A xefa de filas do Bloque sostén que "o máis prudente" sería esperar a que houbese constancia dunha caída significativa, contundente e continuada na cifra de contaxios, hospitalizacións e falecementos, antes de iniciar unha desescalada.

"Hai que ter en conta que, mesmo no nivel máis favorable dos tres especificados por Feijóo, permítense 100 contaxios por cada 100.000 habitantes, o dobre que a cifra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera un nivel de risco alto", sinalou.

Así mesmo, apuntou que, en países como Alemaña, se tomaron medidas contundentes con cifras de contaxios moi inferiores ás que establece o goberno do PP na tripla división para facer a desescalada de face ao punte. Igualmente, o Bloque demanda o peche perimetral total de Galicia ante un fin de semana no que pode haber movemento entre territorios.

"A día de hoxe", segundo indicou, "case ninguén dubida de que a desescalada tras o confinamento da primeira onda foi precipitada", e "non se deberían repetir os erros do pasado porque hai moito en xogo, nada menos que a saúde dos galegos".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia. PSDEG

PSDEG

Do outro lado, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que poña "encima da mesa a blindaxe de Galicia" o próximo fin de semana, con motivo da ponte da Constitución.

Tras coñecerse as medidas anunciadas pola Xunta este mércores, o responsable socialista chamou a "defender a saúde" e frear as entradas e saídas de Galicia desde outras autonomías con cifras similares ás que se manteñen en áreas galegas confinadas que si están confinadas. O xefe de filas dos socialistas galegos ratificou o "respecto e apoio" do seu partido ás decisións do Comité Clínico e engadiu que "a blindaxe de Galicia debe ser estudado e avalado desde o Goberno galego". Gonzalo Caballero criticou que se poida viaxar de Baiona ou Cedeira desde outras localidades do Estado pero "non desde Vigo nin desde Ferrol" por decisión do Goberno galego.

Deste xeito, aínda que se distanciou do confinamento "duro" da poboación defendido polo BNG considera "coherente blindar Galicia" fronte á chegada de visitas procedentes doutras latitudes con altos niveis de risco. Neste punto, cualificou de "contraditorio" que se peche a fronteira con Portugal mentres se abre a man a "entradas a Galicia desde outras Comunidades autónomas con focos da pandemia".

Por último, reclamou á Xunta que active e garantir "protocolos de protección na hostalaría" para que poidan retomar a actividade paulatinamente nun sector no que "aínda non chegou nin un só euro de axudas efectivas" desde a Administración autonómica.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta