Aprobada unha partida de sete millóns de euros polo Concello da Coruña para axudas e contratación de servizos

Tamén se deu luz verde á convocatoria de axudas destinadas as melloras da eficiencia enerxética e de accesibilidade en vivendas.

Por E.P. | CORUÑA, A | 02/12/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este mércores, autorizar máis de 6,6 millóns de euros de gasto para a reforma de varias rúas, axudas e contratación de servizos.

Segundo informa o goberno local, tamén se deu luz verde á convocatoria de axudas destinadas as melloras da eficiencia enerxética e de accesibilidade en vivendas por un importe de 2,6 millóns de euros, no marco da ordenanza municipal de concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas aprobada en outubro.

Tamén se autorizou ampliar a partida destinada a bolsas para deportistas individuais que pasa de 62.500 euros a 122.500 euros, e a subscrición dun convenio coa Academia Galega do Audiovisual para contribuír aos gastos xerais da entidade e os derivados das actividades do festival Filme Commision.

Ademais, na sesión deste mércores, autorizouse o proxecto de reforma e remodelación da contorna do mercado de San Agustín. A actuación, que conta cun orzamento de 822.579 euros, forma parte dos proxectos da estratexia Eidus.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta