A futbolista pontevedresa que rexeitou homenaxear a Maradona recibe o apoio de BNG e PSdeG

A futbolista Paula Dapena falou cos líderes das dúas formacións políticas. Pontón pide a investigación das ameazas e Caballero pide respecto e liberdade para a decisión da deportista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladaron o seu apoio á futbolista pontevedresa Paula Dapena que se negou a gardar un minuto de silencio por Maradona antes do partido amigable que enfrontou ao seu equipo, as Viaxes InterRías, contra o Deportivo Abanca.

Tras un encontro coa deportista, Pontón pediu que se investiguen as ameazas contra esta futbolista vertidas nas redes sociais por un xesto no que ve "valentía" e "coraxe".

"Ninguén debería vivir esa situación e aínda menos por defender a dignidade das mulleres, e que iso lle custe mesmo ameazas de morte é intolerable", opina Pontón

Nesta liña, Gonzalo Caballero pediu "respecto e liberdade" para a decisión desta futbolista que sentou de costas no terreo de xogo mentres as súas compañeiras gardaba un minuto de silencio. "Non podemos consentir nin ameazas nin insultos", deixa claro o líder socialista que tamén se reuniu con Dapena.

Deste xeito, os socialistas galegos presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias de apoio a esta deportista galega.

Reunión de Ana Pontón con Paula Dapena. BNG
Reunión de Ana Pontón con Paula Dapena. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta