Temas: TEMPORAL

Alerta vermella por temporal costeiro na provincia da Coruña

No resto do litoral galego continuará vixente o aviso laranxa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta elevou a vermella a alerta por temporal costeiro no noroeste e oeste do litoral da Coruña.

Forte ondada no litoral
Forte ondada no litoral | Fonte: Europa Press

O departamento autonómico lembra que, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo esta madrugada e espérase mar combinado do noroeste, con ondas de oito a nove metros.

Ata agora, estaba vixente a alerta laranxa en todo o litoral galego. Con todo, o noroeste e oeste da Coruña pasan a alerta vermella, mentres que se mantén o aviso laranxa para a Mariña lucense, o suroeste da Coruña e a costa de Pontevedra por ventos do oeste ou do noroeste forza oito e mar combinado do noroste, con ondas de ata seis metros.

Ademais, o nivel de aviso será amarelo por nevadas no interior das provincias da Coruña e Pontevedra e en boa parte das de Lugo e Ourense. Tamén haberá alerta amarela por ventos do suroeste de ata 80 quilómetros por hora no noroeste da Coruña e na Mariña lucense.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Temas: TEMPORAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta