A mellor MIR de España é unha profesional da área de Santiago segundo a Sociedade de Endocrinoloxía

A doutora Antía Fernández Pombo está actualmente centrada en áreas como a diabetes mellitus e novas tecnoloxías aplicadas a esta enfermidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Premio Fundación SEEN (Sociedade Española de Endocrinoloxía) á Excelencia en Formación MIR nesta especialidade recaeu en Antía Fernández Pombo, residente entre 2016 e 2020 e desde maio deste ano facultativa no Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da área sanitaria de Santiago e O Barbanza.

Diso informou a Xerencia da área nun comunicado, no que explica que este recoñecemento tivo lugar no último congreso nacional da especialidade desenvolvido virtualmente, en que o Servizo de Endocrinoloxía deste complexo tamén conseguiu a renovación do certificado de calidade para a Unidade de Nutrición que outorga a SEEN así como dúas bolsas por proxectos de investigación de profesionais do servizo --os liderados pola doutora Ana Cantón e polo doutor Miguel Ángel Martínez Olmos--.

Antía Fernández Pombo manifestou a súa alegría por este recoñecemento que "reflicte todo o esforzo e traballo desenvolvido ao longo destes anos" e tamén erixiu ao Servizo de Endocrinoloxía como "un bo lugar formador para residentes, porque compaxina tanto unha importante actividade asistencial, coas novas tecnoloxías para a diabetes, a EcoPAAF de tiroides, a unidade de disforia de xénero e un longo etcétera, e tamén un importante labor investigador".

A doutora Fernández Pombo está actualmente centrada en áreas como a diabetes mellitus e novas tecnoloxías aplicadas a esta enfermidade e noutras enfermidades metabólicas, e forma parte da Unidade de Alta Resolución de Nódulo Tiroideo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A doutora Antía Fernández Pombo xunto a responsables da área sanitaria de Santiago. SERGAS
A doutora Antía Fernández Pombo xunto a responsables da área sanitaria de Santiago. SERGAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta