As universidades galegas xa teñen un selo de calidade: "Galicia Calidade da investigación"

Oito centros do tres universidades galegas reciben a acreditación da Administración autonómica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Os centros de investigación galegos agrúpanse baixo a marca 'CIGUS', unha etiqueta que, a modo de "Galicia Calidade da investigación", servirá para a súa identificación e promoción a nivel estatal e internacional.

Esta distinción xa está en mans de tres centros da Universidade de Vigo --AtlanTTic, Centro de Investigación Mariña e o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)--, un da Universidade da Coruña --Centro de Investigación en TIC (CITIC)-- e catro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) --Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e o Instituto Galego de Física e Altas Enerxías (IGFAE)--.

Representantes de cada centro recolleron os certificados que os acreditan como centros de referencia da investigación científica en Galicia. Ante o titular da Xunta e o conselleiro, directores e responsables destas entidades apelaron a manter o compromiso e dotar de recursos á investigación na Comunidade galega como vía para afrontar os retos do presente e futuro apostando polo coñecemento e o talento que sae das universidades.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez,  cos reitores de UVigo, USC e UDC
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cos reitores de UVigo, USC e UDC | Fonte: Europa Press

Ao acto asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e os reitores da USC, UVigo e UDC. Na súa intervención, o presidente da Xunta resaltou que recoñecer aos centros investigadores supón un "acto de autoafirmación, de autoestima como galegos", especialmente en "un momento tna díficil" como o actual, marcado pola pandemia e coa ciencia xogando un papel de "relevancia" como "nunca tivo" ata a data.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta