O PPdeG pide ao BNG que rompa os gobernos co PSdeG "se de verdade sente o desprezo de Sánchez a Galicia"

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lembrou que o BNG "fixo presidente a Pedro Sánchez e aplaudiu uns Orzamentos Xerais do Estado absolutamente prexudiciais" para Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, instou este venres ao BNG a romper os gobernos que ten co PSdeG en concellos e deputacións da Comunidade "se de verdade sente o desprezo de Pedro Sánchez a Galicia" plasmado nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE).

En rolda de prensa, Tellado ironizou coas "bágoas de crocodilo" da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e remarcou que se o "enfado" dos nacionalistas pola "traizón" do PSOE fose "real" este fin de semana poderíase ver como "rompen" ou "ameazan con romper" os pactos locais que teñen cos socialistas.

Pero contrapuxo que, baixo o seu punto de vista, as "bágoas de crocodilo" de Pontón e a "indignación" do BNG "non son máis que unha posta en escena, unha teatralización" porque "o único que importa" aos nacionalistas é "manter a súa leira de poder nas deputacións e nos concellos que aínda gobernan".

Non en balde, lembrou que o BNG "fixo presidente a Pedro Sánchez e aplaudiu uns Orzamentos Xerais do Estado absolutamente prexudiciais" para Galicia ata que "descubriron que el nunca contou con eles e que non pensan cumprir ningún dos seus acordos de investidura".

Tellado salientou que o PPdeG levaba "meses" advertindo que isto é o que ía ocorrer. "Non porque poidamos ver o futuro, senón porque siemplemente recordamos o pasado. Sempre que o BNG tivo representación en Madrid deu todo o seu apoio aos gobernos socialistas a cambio de promesas nunca cumpridas. É a historia repetida durante dúas décadas. E sorpréndeme que Ana Pontón, con vinte anos de experiencia, caese na súa trampa", dixo.

O "INTERESE" DE CABALLERO

Tellado lamentou que, nun contexto marcado pola pandemia, PSdeG e BNG encerelláronse "nunha guerra política" no canto de "apoiar o esforzo" dos cidadáns. Neste sentido, suxeriu que o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, é "o principal interesado no castigo de Sánchez á Comunidade" e non descarta que "estivese detrás da traizón" ao Bloque en Madrid.

Así, afirmou que "xa nada sorprende" de Gonzalo Caballero, que "aplaude todos os insultos a Galicia" do Goberno socialista e "é capaz de defender os Orzamentos de Sánchez" a pesar da "caída histórica" do investimento na Comunidade e de "criticar" os orzamentos da Xunta, cando "crecen máis que nunca". "Non sei como despois disto é capaz de seguir mirando á cara aos galegos", manifestou.

A continuación, remarcou que o secretario xeral do PSdeG é "o principal interesado no desprezo" de Sánchez a Galicia tras "a maioría absoluta" de Feijóo en Galicia e ser excedido polo Bloque en apoios nas últimas eleccións autonómicas.

Neste punto, Tellado, quen suxeriu a posibilidade dunha "vinganza política" contra quen lle "gañaron holgadamente" nas urnas, esixiu a Caballero que explique se foi el quen pediu que "se rexeitasen as emendas presentadas polo PPdeG e o BNG para mellorar o PGE".

CHAMADA Á RESPONSABILIDADE

Fronte ás "pelexas" da oposición, Tellado situou ao PPdeG "á beira dos profesionais e das familias" nun escenario marcado pola pandemia. E coincidindo coa reapertura, aínda que con límites, da hostalaría en Galicia, Tellado aplaudiu " aos profesionais deste sector e do turismo, que "tiveron que pechar negocios" para "coidar a saúde de todos".

"Espero que a prudencia de todo o mundo permita que esta situación se manteña", engadiu, facendo un chamamento á precaución e á responsabilidade individual, pola saúde e tamén por contribuír a manter a economía e o emprego.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta