A USC crea un centro de investigación para as tecnoloxías ambientais

O Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (Cretus) constitúese como "centro singular de investigación da USC" e traballará na promoción e desenvolvemento de tecnoloxías ambientais "sustentables.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) contará cun novo centro de investigación que estará centrado no estudo das tecnoloxías ambientais e o desenvolvemento sustentable baixo a paradigma da economía circular.

Así o acordou a entidade académica na sesión do seu consello de goberno celebrada este venres, na que tamén deu luz verde á planificaicón académica anual do curso 2021-22, que establece como data límite o 4 de xuño do próximo ano para aprobar a programación docente e a súa publicación na web da USC.

Deste xeito, o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (Cretus) constitúese como "centro singular de investigación da USC" e traballará na promoción e desenvolvemento de tecnoloxías ambientais "sustentables" que "minimicen impactos e riscos ambientais".

A USC informa que o CS Cretus integrarase na rede de centros singulares da universidade compostelá e nel traballará persoal investigador "de elevada competencia científica e tecnolóxica" desde unha perspectiva multidisciplinar que abarca campos como a bioloxía, física, enxeñaría química, psicoloxía, química, economía ou o dereito ambiental.

Sede do CRETUS na USC
Sede do CRETUS na USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta