Ana Miranda levará a Europa a repotenciación do parque eólico de Corme

A Rede Galega por un Rural Vivo deixa claro a importancia do monte Salgueiras coma un legado cultural e paisaxístico.

Por Galicia Confidencial | Corme | 06/12/2020 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda levará ao Parlamento europeo a situación do parque eólico Salgueiras e a repotenciación do parque eólico de Corme.

Afectación do parque eólico Salgueiras e repotenciación do Parque eólico de Corme
Afectación do parque eólico Salgueiras e repotenciación do Parque eólico de Corme | Fonte: remitida

Tras unha xuntanza que mantivo Miranda, xunto co deputado Luís Bará, a petición da Rede Galega por un Rural Vivo, abordouse a complexa situación deste proxecto e a súa afectación aos veciños. Así, desde esta entidade, segundo informaron a Galicia Confidencial, deixouse claro a importancia do monte Salgueiras coma un legado cultural e paisaxístico. Analizouse o forte impacto que esta soportando as aldeas do país coa implantación masiva de parques eólicos.

Os representantes da Rede Galega por un Rural  Vivo e veciñas e veciños trasladáronlle aos representantes políticos do BNG a falta de participación no proceso eólico,o abusivos que son os proxectos eólicos e o desamparo da veciñanza ante as institucions públicas, concellos e Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta