Activadas alertas para atopar a dous mozos desaparecidos en Pontevedra

SOS Desaparecidos tamén lanza unha alerta por outro mozo en paradoiro descoñecido desde hai máis dun mes en Cambre.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 06/12/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A asociación SOS Desaparecidos Galicia activou nas últimas horas dúas alertas para a procura de dous mozos, unha muller de 25 anos e un home de 23, que levan desaparecidos desde o pasado luns, 30 de novembro, en Pontevedra.

Carteis polas desaparicións de Judit Jiménez Dapena e Aarón Trabazo Ojea en Pontevedra.
Carteis polas desaparicións de Judit Jiménez Dapena e Aarón Trabazo Ojea en Pontevedra.

En concreto, a asociación lanzou carteis con fotografías de ambas as persoas a través da súa conta de Twitter. O primeiro colgouno na noite deste sábado e correspóndese con Judit Jiménez Dapena, unha moza de 25 anos desaparecida na parroquia pontevedresa de Mourente.

De acordo coa descrición achegada por SOS Desaparecidos Galicia, a moza mide 1,72 metros, ten o pelo negro e ondulado e os seus ollos son de cor castaña.

Horas máis tarde, no mediodía deste domingo, a mesma asociación emitiu outra alerta pola desaparición de Aarón Trabazo Ojea, tamén o pasado luns en Pontevedra. Pola súa banda, ten 23 anos, mide 1,60, é de complexión delgada, ten tatuaxes e o seu pelo e os seus ollos son de cor castaña.

Ademais, na mañá deste domingo SOS Desaparecidos colgou outro cartel pola desaparición doutro mozo, de 19 anos, no municipio coruñés de Cambre hai máis dun mes.

Trátase de Isaac Emanuel Cañal Adega, que leva en paradoiro descoñecido desde o 30 de outubro. Mide 1,82 metros, é de complexión atlética, ten pelo negro, os seus ollos son castaños e ten acento de Sudamérica.

SOS Desaparecidos fai un chamamento a, se alguén pode achegar información sobre algún deste tres novos, que chame ás forzas e corpos de seguridade do Estado, ao teléfono 112 ou aos móbiles da asociación 642 650 775 ou 649 952 957.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta