O PP rexistra a lei de reactivación, que prevé novos beneficios fiscais e será tramitada por urxencia

Os populares acusan o Goberno central de "un novo ataque á autonomía" de Galicia en relación coas transmisións en vida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2020 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O PPdeG rexistrou este luns no Parlamento galego a proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que prevé novos beneficios fiscais e será tramitada polo carácter de urxencia. A previsión é que os grupos debatan a súa toma en consideración no pleno dos días 22 e 23 de decembro.

Entre os novos beneficios fiscais, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que acompañou este luns ao portavoz parlamentario dos populares galegos na súa habitual rolda de prensa dos luns na Cámara, destacou que contempla unha dedución do 100% no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para a adquisición de inmobles que se atopen nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas.

Ao seu lado, Pedro Puy acusou ao Goberno central "Dun novo ataque á autonomía" fiscal e en canto ás especificidades do dereito civil galego, relativa ás transmisións en vida, por unha norma que tramita o Congreso para loita contra a fraude fiscal á que o PP presentará alegacións neste aspecto.

No relativo á lei de reactivación, o titular de Facenda insistiu en que o seu obxectivo é "eliminar calquera burocracia prescindible para que a administración se converta nunha aliada e non nun obstáculo para as empresas", no actual contexto de crise.

"Simplificar non significa diminuír garantías e protección dos valores ambientais e culturais", precisou. En canto aos principais obstáculos, identificounos en relación coa documentación incompleta, falta de asesoramento individualizado, necesidade de simplificación na tramitación e solapamientos en informes oficiais.

Rolda de prensa de Pedro Puy, Miguel Tellado e o conselleiro de Facenda
Rolda de prensa de Pedro Puy, Miguel Tellado e o conselleiro de Facenda | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta