Unha mostra fotográfica en Ferrol pretende "derrubar muros" visibilidade LBT

A iniciativa, na praza de Armas, está impulsada pola asociación Les Coruña e a Deputación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A praza de Armas de Ferrol acolle a exposición 'A rede visible', que mostra un conxunto de fotografías de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais realizadas por Susana Milnes Aler e que pon rostro a doce mulleres provenientes do mundo da cultura, o deporte, a política, o sindicalismo, o ámbito empresarial e da artesanía.

As protagonistas da mostra son Elena Ferro, Xácia Ceive, Marta Álvarez, Lucía Trenor, Artemisa Semedo, Cristy Tojo, Marta Fernández, Andrea Nunes, Rocío Fraga, María Falcón, Cristina Yagüe e Patricia López-Carcedo, ás que se lles unen outro seis mulleres da asociación Les Coruña.

O alcalde de Ferrol destacou que "aínda queda moito camiño por percorrer" pero lembrou que "hai uns anos xa se deu un salto á fronte para vivir en liberdade". "Algo que desexamos todos", dixo.

Bandeira LGTBI
Bandeira LGTBI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta